Patrimonio da Humanidade en Indonesia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Indonesia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Indonesia ratificou a Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural da Humanidade o 6 de xuño de 1989, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: de Indonesia
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
† En perigo
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO | Descrición |
---|---|---|---|---|---|---|
01 | Conxunto de Prambanan | Provincia de Xava Central | 1991 | 642; i, iv (cultural) | Sobre a base cadrada de Prambanan hai tres templos con relevos baseados na antiga épica Ramayana, dedicados ás tres divindades do hinduísmo: Shiva, Vishnu e Brahma. Tamén hai tres templos dedicados aos seus animais servos. Construído no século X, é o templo máis grande dedicado a Shiva en Indonesia.[5] | |
02 | Conxunto de Borobudur | Provincia de Xava Central | 1991 | 592; i, ii, vi (cultural) | Orixinarios dos séculos VIII e IX, os templos de Borobudur están formados por tres niveis: unha base piramidal cadrada, un tronco cónico con tres plataformas redondas e rematado por unha estupa. Ten unha superficie de 2.500 m2. As plataformas redondas están coroadas con 72 estupas ornamentais cunha estatua de Buda. O templo foi restaurado pola UNESCO na década de 1970.[6] | |
03 | Parque Nacional de Komodo | Illas menores da Sonda | 1991 | 609; vii, x (cultural) | As illas menores da Sonda están habitadas por volta de 5.700 lagartos xigantes, chamados dragóns de Komodo debido ás súas características e á súa agresividade. Únicos das illas, son analizados polos científicos que estudan a teoría da evolución. A zona está formada por ladeiras de sabana e varias floras con puntas, así como costas areosas e augas con arrecifes de coral debaixo.[7] A imaxe aquí está feita en Illa de Flores. | |
04 | Parque Nacional de Ujung Kulon | Banten e Lampung | 1991 | 608; vii, x (cultural) | Situado no extremo suroeste de Xava, este sitio abrangue a península de Ujung Kulon e a caldeira do Krakatoa. Crucial para estudar os volcáns interiores, posúe os bosques húmidos das terras baixas xavanesas máis grandes que quedan e alberga varias especies, sendo o rinoceronte de Xava o que está alarmantemente ameazado.[8] Na imaxe aparece a sabana de Cidaon. | |
05 | Sitio dos primeiros homes de Sangiran | provincia de Xava Central | 1996 | 593; iii, vi (cultural) | Este lugar foi onde se descubriu o primeiro fósil de homónido durante as escavacións de 1936 a 1941. Isto impulsou o descubrimento da metade dos fósiles de homínidos coñecidos: 50 Meganthropus palaeojavanicus e Homo erectus (réplica francesa na imaxe). Habitada por primeira vez un millón e medio de anos antes da inclusión pola UNESCO, Sangiran é unha área clave para estudar a evolución humana.[9] | |
06 | Parque Nacional de Lorentz | Provincia de Papúa | 1999 | 955; viii, ix, x (natural) | Cunha área de 2.350.000 hectáreas, Lorentz é o maior lugar Patrimonio da Humanidade do sueste asiático e o único a nivel mundial cun transecto entre áreas nevadas e mariñas tropicais, incluíndo zonas húmidas de terras baixas. Enlaza dúas placas tectónicas e comprende montañas e glaciares. Ademais de ser a localización de fósiles que proban a evolución en Nova Guinea, é a zona con máis biodiversidade da rexión.[10] Na imaxe amósanse as montañas Jayawijaya. | |
07 | Patrimonio das selvas tropicais ombrófilas de Sumatra | Aceh, Jambi e Lampung | 2004 | 1167; vii, ix, x (natural) | Composto por tres parques nacionais: o Parque Nacional de Gunung Leuser, o Parque Nacional de Kerinci Seblat e o Parque Nacional de Bukit Barisan Selatan, este sitio abrangue 2.500.000 hectáreas e conta con máis de 10.000 especies de flora, incluíndo 17 especies endémicas. Tamén hai máis de 200 mamíferos, incluíndo 22 especies asiáticas únicas nesta rexión indonesia, con 15 delas vivindo exclusivamente alí, como o orangután de Sumatra. Hai 580 aves (465 sedentarias, 21 endémicas). Este sitio é crucial para preservar a diversa biota de Sumatra e investigar bioxeograficamente a evolución da illa. Dende 2011, considérase en perigo debido á caza furtiva, a talla ilegal, a invasión agrícola e os plans de construción de estradas.[11][12] | |
08 | Paisaxe cultural de Bali: o sistema subak como expresión da filosofía Tri Hita Karana | Bali | 2012 | 1194rev; iii, v, vi (cultural) | Esta área consta de cinco socalcos de arroz e templos de auga xestionados polo sistema de irrigación de subak de 19.500 hectáreas, datados por volta do século IX. Inspirouse en Tri Hita Karana, unha filosofía india que conecta o ceo, a humanidade e a natureza. As "prácticas agrícolas democráticas e igualitarias" subak axudan aos produtores de arroz a acomodar á densa poboación de Bali. O templo da auga máis grande e notable de Bali é o Pura Taman Ayun, estabelecido no século XVIII.[13] Na imaxe amósanse os socalcos de arroz de Jatiwulih. | |
09 | Mina de carbón de Ombilin | Provincia de Sumatra Occidental | 2019 | 1610; ii, iv, (cultural) | O goberno colonial das Indias Orientais Neerlandesas buscou carbón de alta calidade en Sawahlunto, Sumatra Occidental, e fixo esta mina para a accesibilidade, construída dende finais do século XIX ata principios do XX. Con traballadores formados por veciños e condenados, o sistema acomoda o proceso linear de extracción, procesamento, transporte e envío do carbón. Este sitio patrimonial inclúe a zona mineira, o Porto de Teluk Bayur (utilizado para almacenar o carbón), o ferrocarril que une os dous e a cidade da empresa.[14] Na imaxe aparece unha actividade mineira en Ombilin, datada en 1971. | |
10 | Eixe cosmolóxico de Yogyakarta e os seus monumentos históricos | Rexión Especial de Yogyakarta | 2023 | 1671; ii, iii, (cultural) | Este centro do sultanato da provincia e eventos culturais abertos no século XVIII por Hamengkubuwono I. Con respecto ás crenzas xavanesas sobre o cosmos e o ciclo da vida, o eixe de 6 kmune o Monte Merapi (norte) e o océano Índico (sur), centrada polo palacio (na imaxe) e outros monumentos dentro do eixe, que está ligado mediante rituais tradicionais.[15] Este sitio figuraba anteriormente na lista provisional como Centro Histórico da Cidade de Yogyakarta en 2017, segundo os criterios i, ii e vi.[16] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ "Indonesia". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 7 de xullo de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2017.
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
- ↑ "Prambanan Temple Compounds". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2017. Consultado o 28 de maio de 2010.
- ↑ "Borobudur Temple Compounds". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 28 de maio de 2010.
- ↑ "Komodo National Park". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2010. Consultado o 28 de maio de 2010.
- ↑ "Ujung Kulon National Park". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2010. Consultado o 28 de maio de 2010.
- ↑ "Sangiran Early Man Site". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2017. Consultado o 28 de maio de 2010.
- ↑ "Lorentz National Park". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 4 de xullo de 2010. Consultado o 28 de maio de 2010.
- ↑ "Tropical Rainforest Heritage of Sumatra". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2011. Consultado o 25 de xuño de 2011.
- ↑ "Danger listing for Indonesia's Tropical Rainforest Heritage of Sumatra". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de xullo de 2011. Consultado o 26 de xullo de 2011.
- ↑ "Cultural Landscape of Bali Province". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 5 de xullo de 2018. Consultado o 1 de xullo de 2012.
- ↑ "Ombilin Coal Mining Heritage of Sawahlunto". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2020. Consultado o 8 de agosto de 2019.
- ↑ "The Cosmological Axis of Yogyakarta and its Historic Landmarks". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2023. Consultado o 2023-09-19.
- ↑ "Historical City Centre of Yogyakarta". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2018. Consultado o 18 de abril de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade en Indonesia |