Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Arabia Saudita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Arabia Saudita na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Arabia Saudita, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Arabia Saudita ratificou a Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural da Humanidade o 7 de agosto de 1978, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

No ano 2024, había oito sitios de Arabia Saudita inscritos na lista e outros once sitios máis na lista de candidaturas.[4]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Arabia Saudita
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[5]
Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO Descrición
01 Mada'in Saleh al-‘Ula 2008 1293; ii, iii (cultural) O sitio arqueolóxico de Al-Hijr (Mada'in Saleh) presenta tumbas monumentais ben conservadas con fachadas decoradas que datan do século -I ata o século I. O xacemento tamén presenta unhas 50 inscricións do período prenabateo e algúns debuxos rupestres.[6]
02 Diriyah Diriyah 2010 1329; iv, v, vi (cultural) O distrito de Al-Turaif testemuña o estilo arquitectónico de Najdi, que é específico do centro da península arábiga e inclúe os restos de moitos pazos e un conxunto urbano construído ao bordo do oasis ad-Dir'iyah.[7]
03 Al-Balad Jeddah 2014 1361; ii, iv, vi (cultural) A histórica Jeddah foi un porto importante para as rutas comerciais do Océano Índico, canalizando mercadorías cara á Meca. Tamén era a porta de entrada dos peregrinos musulmáns á Meca que chegaban por mar.[8]
04 Arte rupestre na rexión de Ha'il Rexión de Ha'il 2015 1472; i, iii (cultural) Este lugar conta con numerosas representacións de figuras humanas e animais que abranguen 10.000 anos de historia.[9]
05 Al-Ahsa Al-Ahsa 2018 1563; iii, iv, v (cultural) O Oasis de Al-Ahsa é un lugar que abrangue xardíns, canles, mananciais, pozos e un lago de drenaxe, así como edificios históricos, tecido urbano e sitios arqueolóxicos.[10]
06 Bir Hima provincia de Najran 2021 1619; iii (cultural) A área cultural de Ḥimā contén unha colección de imaxes de arte rupestre que ilustran a caza, a fauna, a flora e os estilos de vida de hai 7.000 anos.[11]
07 'Uruq Bani Ma'arid provincia de Najran 2023 1699; vii, ix (natural) O lugar comprende a parte occidental da maior extensión de area arrastrada polo vento da Terra, coñecida como Ar Rub' al-KhaIi, e conserva unha das paisaxes desérticas máis espectaculares da Terra.[12]
08 Qaryat al-Faw provincia de Riad 2024 1712; ii, v (natural) Situada nun punto estratéxico das antigas rutas comerciais da Península Arábiga, o lugar foi abruptamente abandonado ao redor do século V d.C.[13]
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. "Saudi Arabia". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 7 de xullo de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2017. 
  4. "UNESCO World Heritage Centre – Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2024. Consultado o 8 de setembro de 2024. 
  5. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  6. "Al-Hijr Archaeological Site (Madâin Sâlih)" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2019-02-08. 
  7. "At-Turaif District in ad-Dir'iyah". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2019-02-08. 
  8. "Historic Jeddah, the Gate to Makkah". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2019-02-08. 
  9. "Rock Art in the Hail Region of Saudi Arabia". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2019-02-08. 
  10. "Al-Ahsa Oasis, an Evolving Cultural Landscape" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2019-02-08. 
  11. "Ḥimā Cultural Area". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2021-07-31. 
  12. "‘Uruq Bani Ma’arid". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2024-02-11. 
  13. "The Cultural Landscape of Al-Faw Archaeological Area". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2024-07-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]