Saltar ao contido

Patañjali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPatañjali

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
India Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, filósofo, matemático, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século II a. C. Editar o valor en Wikidata)
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Patanjali
Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 9 (en) Traducir, (p.146) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1005240

Patañjali (en sánscrito: पतञ्जलि) foi un sabio indio, considerado o autor de numerosas obras en sánscrito. O principal destes son os Ioga Sutras, texto clásico do ioga. Hai dúbidas de se o sabio Patañjali é o autor de todas as obras atribuídas a el xa que hai numerosos autores coñecidos co mesmo nome. Un gran desafío dos estudosos foi decidir a historicidade ou identidade deste autor ou autores.[1]

Segundo Monier Monier-Williams, o vocábulo "Patañjali" é un nome composto[2] de "patta" (sánscrito: पत, "caída, voo")[3] e "añj" (अञ्ज्, "honrado, celebrado, fermoso") ou "añjali" (अञ्जलि, "reverencia, unión das palmas da man").[4][5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Louis Renou está entre os moitos estudosos que suxeriron que o Patañjali que escribiu sobre ioga foi unha persoa diferente do Patanjali que escribiu un comentario sobre a gramática de Panini.[6][7] En 1914, James Wood propuxo que si eran a mesma persoa.[8] En 1922, Surendranath Dasgupta presentou unha serie de argumentos que supostamente propuxan que os autores da gramática e do texto de ioga eran idénticos.[9]

A opinión de que eran dous autores diferentes é xeralmente aceptada,[10][11] mais algúns estudosos occidentais considéranos unha única persoa.[12][13]

Algunhas tradicións indias manteñen que un Patañjali escribiu tratados sobre gramática, medicina e ioga. Isto foi recollido nun poema de Bhoja no inicio do seu comentario sobre os Yogasutras chamados Rājamārttanda (século XI), e nos seguintes versos que aparecen no texto de Shivarama do século XVIII:[14]

योगेन चित्तस्य पदेन वाचां मलं शरीरस्य च वैद्यकेन। योपाकरोत्तं प्रवरं मुनीनां पतञ्जलिं प्राञ्जलिरानतोस्मि॥
Tradución: Inclínome coas miñas mans xuntas ao eminente sabio Patañjali, que quita as impurezas da mente mediante o ioga, do discurso mediante a gramática, e do corpo mediante a medicina.

Esta tradición é discutida por MeulenbeldHIML>Meulenbeld, G. Jan (1999). History of Indian Medical Literature, vol. I part 1. Groningen: E. Forsten. pp. 141–44. ISBN 978-9069801247. </ref> que rastrexa esta idea "relativamente tardía" a Bhoja (século XI), que quizais foi influído por un poema de Bhartṛhari (ca. século V) que fala dun experto no ioga, a medicina e a gramática que, non obstante, non é nomeado. Ningún texto sánscrito anterior ao século XI afirma que fose o mesmo Patañjali quen está tralos tres tratados.[15]

Dise que o sabio Patañjali conseguiu o Samadhi mediante a meditación co ioga no templo de Brahmapureeswarar situado en Tirupattur, Tamil Nadu, India.

Patañjali continúa a ser honrado con invocacións e santuarios nalgunhas formas do ioga postural moderno, como o Iyengar ioga[16] e o Ashtanga Vinyasa ioga.[17] O estudoso do ioga David Gordon White escribiu que o adestramento do profesor de ioga adoita incluír "instrución obrigatoria"[18] no Yoga Sutra.

  1. Raghavan, V.; et al. (1968). New Catalogus Catalogorum 11. Madras: University of Madras. pp. 89–90.  lista dez autores diferentes co nome de "Patañjali."
  2. Monier Monier Williams, Patañjali, Sanskrit English Dictionary with Etymology, Oxford University Press, páxina 582
  3. Monier Monier Williams, pata, Sanskrit English Dictionary with Etymology, Oxford University Press, pages 580-581
  4. Monier Monier Williams, añjali, Sanskrit English Dictionary with Etymology, Oxford University Press, páxina 11
  5. Iyengar, B.K.S. (2009). Yoga: Wisdom & Practice. Penguin. p. 71. ISBN 978-0-7566-5953-0. 
  6. Renou, Louis (1940). "On the Identity of the Two Patañjalis". En Narendra Nath Law. Louis de La Vallée Poussin Memorial Volume. Calcutta. pp. 368–73. 
  7. Sharma, P. V. (1970). चरक-चिन्तन (चरकसंहिता का ऐतिहासिक अध्ययन) (Carak-cintan. Carakasaṃhitā kā aitihāsik adhyayan). Vārāṇasī: Caukhamba Saṃskṛt Saṃsthān. pp. 23–43. ; Sharma, P. V. (1992). History of Medicine in India. Nova Delhi: Indian National Science Academy. pp. 181–82. ; Tripāṭhī, Yogendra Kumār (1987). न्यायसूत्र एवं चरक-संहिता. Vārāṇasī: Trividhā Prakāśan. pp. 26–27. ; Woods, James Haughton (1914). The Yoga-system of Patañjali: or, the ancient Hindu doctrine of Concentration of Mind Embracing the Mnemonic Rules, called Yoga-sūtras, of Patañjali and the Comment, called Yoga-bhāshya, attributed to Veda-Vyāsa and the Explanation, called Tattvaiçāradī, of Vāchaspati-miçra. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. pp. xv–xvii. .
  8. Woods, James Haughton (1914). he Yoga-system of Patañjali: or, the ancient Hindu doctrine of Concentration of Mind Embracing the Mnemonic Rules, called Yoga-sūtras, of Patañjali and the Comment, called Yoga-bhāshya, attributed to Veda-Vyāsa and the Explanation, called Tattvaiçāradī, of Vāchaspati-miçra. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. pp. introduction. 
  9. Dasgupta, Surendranath (1992). A History of Indian Philosophy. Reprint: Motilal Banarsidass (Original: Cambridge University Press, 1922). pp. 230–238. ISBN 978-81-208-0412-8. 
  10. Lochtefeld, James G. (2002). The Illustrated Encyclopedia of Hinduism: N-Z. The Rosen Publishing Group. pp. 506–507. ISBN 978-0-8239-3180-4. 
  11. White, David Gordon (2014). The "Yoga Sutra of Patanjali": A Biography. Princeton University Press. pp. 34–38. ISBN 978-1-4008-5005-1. 
  12. Collinson, Diane; Plant, Kathryn; Wilkinson, Robert (2013). Fifty Eastern Thinkers. Routledge. pp. 81–86. ISBN 978-1-134-63151-3. 
  13. Edwards, Michael (2013). The Oxford Handbook of Civil Society. Oxford University Press. pp. 273–274. ISBN 978-0-19-933014-0. 
  14. Patañjali; Woods (tradutor), James Haughton (1914). The Yoga Sutras of Patañjali. Published for Harvard University by Ginn & Co. pp. xiv–xv. 
  15. Naikar, Chandramouli S. (2002). Patanjali of Yogasutras. Sahitya Akademi. pp. 13–14. ISBN 978-81-260-1285-5. 
  16. "Invocation to Patanjali". Iyengar Yoga (UK). Consultado o 31 de agosto de 2019. 
  17. "Sharath Jois". Kpjayi.org. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2019. 
  18. White 2014, p. 1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]