Saltar ao contido

Passálidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Passalidae»)

Os passálidos (Passalidae) son unha familia de escaravellos polífagos.[1] Comprende unhas 500 especies, case todas tropicais; as especies que se encontran en América do Norte son notables polo seu tamaño, que vai de 20–43 mm, por teren un só "corno" na cabeza e por presentar unha forma de comportamento social pouco común entre os escaravellos.

Teñen corpos alongados cilíndricos e negros na parte superior; as superficies ventrais poden estar cubertas de setas. A cabeza é máis estreita que o tórax, con antenas que constan de 10 antenómeros cunha maza de tres segmentos. Os élitros son alongados con lados paralelos e moi estriados.

Son escaravellos subsociais (coidan as crías) que viven en grupos en troncos ou tocos de árbores podres.[2] Escavan sistemas de túneles na madeira podre onde despois as femias poñen os ovos. Coidan as crías preparando alimento para elas e axudando a que as larvas constrúan o estoxo pupal. Tanto os adultos coma as larvas deben comer as feces dos adultos resultantes da madeira que foi dixerida durante certo tempo pola microflora intestinal; un arranxo que podería describirse como unha sorte de rume externo.

Ademais, tamén poden producir catorce sinais acústicos, máis que moitos vertebrados. Os adultos producen os sons fretando a superficie superior do abdome contra as ás posteriores. As larvas producen os sons rozando a terceira pata contra unha área estriada da coxa da segunda pata.

Aínda que a taxonomía das especies neárticas é ben coñecida (catro especies nos Estados Unidos e 90 en México), noutras partes do mundo necesita maior estudo.

Das especies de Norteamérica, Odontotaenius disjunctus (sinónimo: Popilius disjunctus) é un insecto común do leste dos Estados Unidos e o Canadá, onde se chama bessbug, mentres que O. floridanus só se atopa en Florida en outeiros areosos que eran illas cando Florida estaba asolagada hai miles de anos. Ptichopus angulatus foi descuberto recentemente preto da fronteira entre México e Arizona. O seu hábitat chega polo sur ata Colombia e está comunmente asociado coas cámaras de detritos dos formigueiros das formigas cortadoras de follas do xénero Atta. Outras dúas especies rexistráronse en Arizona a principios do século XX, pero non volveron a verse alí desde entón; pode que viñesen traídas de México por un tren que transportaba leña.

Os rexistros máis antigos da familia remóntanse ao Cretáceo co xénero Ceracyclus, coñecido por dúas especies atopadas en ámbar birmano do Cenomaniano; o xénero parece estar estreitamente relacionado co xénero vivo Cylindrocaulus.[3] Suxeriuse que a familia ten unha relación próxima coa familia extinta Passalopalpidae.[4]

Especies seleccionadas

[editar | editar a fonte]
Aceraius laevicollis atopada debaixo dun tronco podre en Mindanao, Filipinas
Aceraius grandis
Aulacocyclus edentulus
Ceracupes arrowi
Chondrocephalus debilis
Chondrocephalus granulifrons
Cylindrocaulus patalis
Didimus laevis
Didimus parastictus
Heliscus tropicus
Leptaulax bicolor
Odontotaenius disjunctus (patent-leather beetle)
Odontotaenius floridanus
Odontotaenius striatopunctatus
Ogyges laevior
Oileus rimator
Passalus affinis
Passalus caelatus
Passalus elfriedae
Passalus inops
Passalus interruptus
Passalus interstitialis
Passalus jansoni
Passalus latifrons
Passalus pugionifer
Passalus punctatostriatus
Passalus punctiger
Passalus spiniger
Passalus unicornis
Paxillus leachi
Paxillus pentataphylloides
Pentalobus barbatus
Petrejoides orizabae
Popilius eclipticus
Proculus burmeisteri
Proculus mniszechi
Ptichopus angulatus
Publius agassizi
Spasalus crenatus
Spurius bicornis
Verres corticicola
Verres hageni
Veturius transversus

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]