Paso do Noroeste
Tipo | fairway (en) | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Océano Ártico North-East and North-West Passages (en) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Canadá | |||
| ||||
O paso do Noroeste, ás veces tamén chamado paso do Norte,[1] é o nome co que se coñece a ruta marítima que bordea Norteamérica polo norte, atravesando o océano Ártico e conectando o estreito de Davis e o estreito de Bering ou, o que é o mesmo, o océano Atlántico e o océano Pacífico.[2][3]
A ruta discorre por un conxunto de estreitos localizados no arquipélago ártico canadense, entre as grandes illas árticas e as terras continentais.
É o que os antigos cartógrafos da alta Idade Moderna coñecían como o lendario estreito de Anián
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De oeste a leste, o paso do Noroeste parte do océano Pacífico, do estreito de Bering —que separa Rusia e Alasca— e segue polo mar de Chukchi e o mar de Beaufort. Logo a ruta debe cruzar o arquipélago ártico canadense e hai de cinco a sete rutas posíbeis —incluídas a do estreito de McClure, a do estreito de Dease e a do estreito do Príncipe de Gales—, aínda que non todas son adecuadas para grandes buques.[4][5] A ruta continúa cruzando a baía de Baffin e chega finalmente ao estreito de Davis, xa no océano Atlántico.
Posíbeis efectos do quecemento global
[editar | editar a fonte]Especulouse con que co quecemento global e a redución da capa de xeo do Ártico, a ruta do paso do Noroeste pode chegar a estar o suficientemente libre de xeo como para permitir un novo transporte comercial seguro, polo menos en parte do ano. O 21 de agosto de 2007, o paso do Noroeste permaneceu aberto ao tráfico marítimo durante o verán boreal sen a necesidade de utilizar barcos quebraxeos. Segundo Nalan Koc, do Instituto Polar Noruegués, esta foi a primeira vez que quedou libre desde que comezaron a tomarse rexistros en 1972.[6][7] O 26 de agosto de 2011 o paso quedou novamente aberto. Algunhas estimacións sinalaron que o traxecto pode chegar a ser navegábel durante todo o ano aproximadamente no ano 2020 o, que de ser certo, diminuiría considerabelmente o traxecto marítimo entre Europa e Asia, converténdose nunha ruta alternativa ás do Canal de Panamá e o Canal de Suez: en 2011 o traxecto Londres-Osaka supón 23 300 km por Panamá e 21 200 km por Suez; polo paso do Noroeste quedaría reducido a soamente 15 700 km.
O goberno do Canadá considera que os estreitos polos que discorre a ruta do paso do Noroeste forman parte das súas augas interiores,[8] pero varios países manteñen que en virtude da Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar eses estreitos deben seren considerados estreitos internacionais, o que permitiría o tráfico marítimo libre e sen peaxes.[9][10] É unha cuestión moi controvertida, xa que nese territorio se encontraron nas últimas décadas importantes reservas de petróleo, gas natural, diamantes e chumbo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IHO Codes for Oceans & Seas, and Other Code Systems Arquivado 03 de xullo de 2006 en Wayback Machine., including IHO 23-3rd: Limits of Oceans and Seas, Special Publication 23, 3rd ed. (1953), publicado por International Hydrographic Organization.
- ↑ "Definición no Merriam-Webster Online Dictionary". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 8 de maio de 2020.
- ↑ "The Northwest Passage Thawed". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2007. Consultado o 8 de maio de 2020.
- ↑ "The Northwest Passage and Climate Change from the Library of Parliament—Canadian Arctic Sovereignty". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2008. Consultado o 8 de maio de 2020.
- ↑ Andrea Charron—The Northwest Passage Shipping Channel: Is Canada’s Sovereignty Really Floating Away? PDF
- ↑ North-West Passage is now plain sailing.
- ↑ Satellites witness lowest Arctic ice coverage in history
- ↑ 5CTP% 5CTP14202% 5Cinterpretation.htm TP 14202 Interpretación do Ministerio de Transporte de Canadá.
- ↑ The Northwest Passage and Climate Change from the Library of Parliament—Canadian Arctic Sovereignty Arquivado 09 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. (Retos: o paso do Noroeste e o cambio climático, na Biblioteca do Parlamento canadiense- Soberanía Ártico )
- ↑ Naval Operations in an ice-free Arctic (Operacións navais nn Ártico libre do xeo).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paso do Noroeste |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Berton, Pierre (1988): The Arctic Grail The Quest for the North West Passage and the North Pole, 1818-1909. Nova York: Viking. ISBN 0-670-82491-7.
- Day, Alan Edwin (2006): Historical Dictionary of the Discovery and Exploration of the Northwest Passage Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine.. Historical dictionaries of discovery and exploration, no. 3. Lanham, Md: Scarecrow Press. ISBN 0-8108-5486-4.
- Griffiths, Franklyn (1987): Politics of the Northwest Passage. Kingston: McGill-Queen's University Press. ISBN 0-7735-0613-6.
- Reverte, Javier (2911): En mares salvajes. Un viaje al ártico. Barcelona: Random House Mondadori. ISBN 978-84-0134-754-2.
- Waterman, Jonathan (2001): Arctic Crossing A Journey Through the Northwest Passage and Inuit Culture Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine.. Nova York: Knopf. ISBN 0-3754-0409-0.
- Williams, Glyndwr (2003): Voyages of Delusion The Quest for the Northwest Passage. New Haven: Yale University Press. ISBN 0-3000-9866-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Norwegian Blue, first British Yacht to transit from West to East.
- Irish Expedition completes the elusive Northwest Passage.
- Arctic Passage at PBS Nova páxina con artigos, fotografías e mapas sobre o Paso do Noroeste, especialmente das expedicins´de Franklin (1845) e Amundsen (1903) .
- Exploration of the Northwest Passage.
- The Sir John Franklin Mystery.
- 'The Great Game in a cold climate'.
- Mission to Utjulik Arquivado 30 de agosto de 2008 en Wayback Machine..
- The Voyage of the Manhattan.
- U.S. nuclear submarines travel in Canadian Arctic waters without permission[Ligazón morta].
- Canada considers the Northwest Passage its internal waters, but the United States insists it is an international strait.
- Information Memorandum for Mr. Kissinger—The White House 1970.
- CBC Digital Archives—Breaking the Ice: Canada and the Northwest Passage.
- Nova Dania: Quest for the NW Passage—NEARA Journal.
- Artigo sobre o "Northwest Passage" na The Canadian Encyclopedia Arquivado 02 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine..
- Tema do grupo de metal Unleash The Archers.