Saltar ao contido

Paso de San Gotardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPaso de San Gotardo
(de) Sankt-Gotthard-Pass Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoporto de montaña Editar o valor en Wikidata
Parte deWatershed between the Adriatic Sea and the North Sea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCantón de Uri, Suíza, Tesino, Suíza, Andermatt, Suíza (pt) Traducir e Airolo, Suíza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónGotthardpass Editar o valor en Wikidata
Mapa
 46°33′33″N 8°33′42″L / 46.5592, 8.5617
CordilleiraAlpes Lepontinos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.106 m Editar o valor en Wikidata
Permite o paso deTremola San Gottardo (en) Traducir e Main road 2 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Vista sur do paso de San Gotardo

O paso de San Gotardo (en alemán, Gotthardpass; en italiano, Passo del San Gottardo) é un porto de montaña situado a 2 109 m de altitude en Suíza, entre Andermatt (Uri) e Airolo (Tesino) nos Alpes lepontinos, que conecta a parte setentrional (xermanófona) de Suíza coa parte meridional (italoparlante) de Tesino, e a ruta cara a Milán.

Aínda que o paso coñecíase na antigüidade, non se empregou amplamente até principios do século XIII, porque comportaba vadear o turbulento río Reuss, crecido coas neves fundidas durante o principio do verán, na empinada Garganta de Schöllenen. As mortes por afogamento no paso incrementábanse en abril e maio, segundo os antigos relatos das vilas próximas.

Vista desde o oeste do paso de San Gotardo

A "Ponte do Demo" (Teufelsbrücke, en alemán) construíuse nunhas condicións tan adversas que as lendas en torno á súa construción forman por si soas unha categoría completa no sistema de clasificación Aarne-Thompson para lendas populares (número 1191).[1]

O río Reuss era tan difícil de vadear, que un pastor suízo desexou que o Diabo construíra unha ponte. O Diabo apareceu, pero pediu ser o primeiro en cruzalo. O montañés estivo de acordo, pero fíxolle ao Diabo o regalo duna cabra polo seu traballo, sendo esta a primeira en cruzar a ponte e non o propio Diabo.[2] Enfadado por esta afronta, o Diabo desprendeu unha rocha para lanzala contra a ponte e destruíla, pero unha anciá debuxou unha cruz na rocha, de maneira que o Diabo non puido sostela.

A rocha está aínda alí, e en 1977 gastáronse 300 000 francos suízos para mover a rocha, de 220 t e 127 m, para facer espazo para o túnel de San Gotardo.

O paso dedicouse en 1236 a San Gotardo de Hildesheim (960–1038), abade de Hersfeld, e máis tarde bispo de Hildesheim (1022). Fillo do arcebispo Federico de Salzburgo, Gotardo foi o abade do mosteiro beneditino de Nieder Altaich en 996 e reformou outros mosteiros baixo o padroado de Henrique II do Sacro Imperio Romano Xermánico. Seu hospital para viaxeiros de San Moritz, cerca de Hildesheim, faríase famoso.[3]

Unha capela dedicada a San Gotardo (falecido en 1038, canonizado en 1131), que é considerado o patrón dos pasos de montaña, foi construída na vertente sur do paso e consagrada polo arcebispo de Milán en 1230.[3]

Túneles feroviarios e de estrada

[editar | editar a fonte]
Estrada nacional 2 descendendo cara a Airolo

O túnel ferroviario de San Gotardo, aberto en 1882 para o tránsito ferroviario co custe de 177 vidas de traballadores, substituíu o antigo paso de carruaxes.[4] Un túnel por estrada de 17 km abriuse en 1980, cun número menor de mortos (53). O 1 de xuño de 2016 inaugurouse o túnel de base de San Gotardo, un segundo túnel ferroviario de 57 km, que fai del o túnel ferroviario máis longo do mundo. As autoridades suízas esperaban que se produciran menos de dez mortes nos traballos de construción, sendo finalmente oito o número de traballadores mortos durante os traballos de escavación.

Este túnel, combinado con dous túneles máis curtos que se planea se constrúan cerca de Zürich e Lugano, reducirán nunha hora a viaxe en tren de Zürich a Milán, que na actualidade dura tres horas e 40 minutos, ademais de incrementar o número e o tamaño dos trens que poden operar nesta ruta.

  1. The Devil's Bridge: Folktales of Aarne-Thompson Type 1191.
  2. The Legend of the Devil's Bridge, Switzerland.
  3. 3,0 3,1 Bruno Meier (2015): Von Morgarten bis Marignano. Was wir über die Entstehung der Eidgenossenschaft wissen. Zürich: Hier und Jetzt. ISBN 978-3-0391-9233-5, p. 23.
  4. Gotthardbahn no Dicionario histórico de Suíza (en alemán), (en francés), (en italiano).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]