Partimén
Aparencia
O partimén é un subxénero da lírica en que se realiza unha tenzón de temática amorosa. Un exemplo é o poema "No meio do silencio" de Luz Pozo Garza.
Á súa vez, o tenzón é un xénero menor das cantigas de escarnio, no que, polo xeral, un dos interlocutores fala nunha estrofa e outro na seguinte. Na Arte de Trobar dise que as tenzóns poden ser de amor, de amigo ou de escarnio, mais hoxe téndese a falar de tenzóns coma unha variedade das cantigas de escarnio e maldicir.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |