Partido Republicano Radical e Radical Socialista
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Partido Republicano Radical e Radical Socialista | |
---|---|
Acrónimo | PRV |
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Radicalismo, Centrismo radical e Liberalismo |
Data de fundación | 1901 e 1972 |
Presidente/a | Laurent Hénart (2014-) |
Sede | París e place de Valois |
País | Francia |
Na rede | |
https://parti-radical.fr/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Partido Republicano Radical e Radical Socialista (en francés Parti Républicain Radical et Radical-Socialiste), foi un partido político de centro francés fundado en 1901. Chamado indiferentemente partido radical ou radical-socialista. Foi o principal partido da Terceira República Francesa (1871-1940) e Cuarta República Francesa (1945-1958). O seu antecedentes están nos grupos reformistas republicanos do século XIX coñecidos como radicais que a partir de 1879 en diante organízanse electoralmente como grupo independente. Coa promulgación da Lei de Asociacións de xullo de 1901, realízase un congreso dos diversos grupos radicais entre o 21 e 23 de xuño de 1901 que crea formalmente o Partido Republicano Radical e Radical Socialista. A designación do partido recoñecía explicadamente a existencia de radicais de esquerda, centro e dereita nunha mesma organización política formal. A diferenza dos partidos republicanos da época o radicalismo contaba con estruturas formais e efectivas de funcionamento, moitas das decisións en canto a ingreso a coalicións ministeriais ou electorais así como definicións políticas importantes realízanse en debates e votacións nos seus congresos anuais.
As bases comúns do seu programa están no Programa de Belleville (1869) proposto por Léon Gambetta e en posteriores eventos partidarios a partir de 1901. Estas son:
- Sufraxio universal
- Responsabilidade ministerial ante o parlamento
- servizo militar obrigatorio e de curta duración
- Separación Igrexa e Estado
- Instrución gratuíta, obrigatoria e laica
- Imposto á renda
- Liberalismo económico, aínda que algunhas fraccións eran partidarias de maiores dereitos sociais ás clases traballadores.
Outros trazos eran un anticlericalismo e profunda fe nos avances científicos (positivismo)
As súas principais figuras foron: Léon Bourgeois, Ferdinand Buisson, Joseph Caillaux, Camille Chautemps, Georges Clemenceau, Émile Combes, Gaston Doumergue, Edouard Daladier, Edouard Herriot e Albert Sarraut.
Participou nas seguintes coalicións electorais e de goberno: Cartel des gauches (1924-1926), Fronte Popular (1936-1938), e Rassemblement des gauches républicaines (1946-1951).
En 1972 as dúas principais faccións do radicalismo organízanse formalmente no Partido Radical propiamente tal e o Partido Radical de Esquerda (PRG) (ex Movemento Radical de Esquerda —MRG—).
Presidentes do PRRS
[editar | editar a fonte]- 1901-1902: Gustave Mesureur
- 1902-1903: Jean Dubief
- 1903-1904: Maurice Faure
- 1904-1905: Maurice Berteaux
- 1905-1906: Emile Combes
- 1906-1907: Camille Pelletan
- 1907-1908: Auguste Delpech
- 1908-1909: Louis Lafferre
- 1909-1910: Ernest Vallé
- 1910-1913: Emile Combes
- 1913-1914: Joseph Caillaux
- 1917-1918: Charles Debierre
- 1918-1919: André Renard
- 1919-1926: Edouard Herriot
- 1926-1927: Maurice Sarraut
- 1927-1931: Edouard Daladier
- 1931-1936: Edouard Herriot
- 1936-1939: Edouard Daladier
- 1944-1948: Théodore Steeg
- 1948-1953: Edouard Herriot (Presidente administrativo: Léon Martinaud-Déplat)
- 1955-1957: Edouard Herriot (Primeiro Vicepresidente: Pierre Mendès-France)
- 1957-1958: Edouard Daladier
- 1958-1961: Félix Gaillard
- 1961-1965: Maurice Faure
- 1965-1969: René Billères
- 1969-1971: Maurice Faure
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial do Partido Radical (en francés)
- Páxina web oficial do Partido Radical de Esquerda (en francés)