Saltar ao contido

Partido Comunista de Vietnam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Comunista de Vietnam
MocidadesUnión de Mozos Comunistas Ho Chi Minh
Historia
Fundación3 de febreiro de 1930
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo
Marxismo-leninismo
Pensamento de Ho Chi Minh
Socialismo de mercado
PublicaciónNhân Dân
Na rede
https://dangcongsan.vn

O Partido Comunista de Vietnam é o partido único de Vietnam. É un partido comunista de tendencia marxista-leninista.

O partido foi fundado por Ho Chi Minh e outros exiliados que vivían en China. Adoptouse o nome de Partido Comunista de Vietnam, pero cambiou o seu nome a Partido Comunista Indochinés logo da súa conferencia de fundación que se levou a cabo en Hong Kong en febreiro de 1930. O primeiro Congreso Nacional do Partido foi levado a cabo en segredo en Macau en 1935. Ao mesmo tempo, un congreso da Comintern en Moscova adoptou unha política para formar unha Fronte Popular contra o fascismo e dirixir os movementos comunistas ao redor do mundo a colaborar con este movemento antifascista sen importar a orientación cara ao socialismo que teñan. Isto requiriu ao Partido Comunista Indochinés aglutinar todos os partidos nacionalistas na Indochina como potenciais aliados.

Este Partido foi formalmente disolto en 1945 para agochar a súa afiliación comunista e as súas actividades leváronse a cabo no Viet Minh, que foi fundado catro anos antes como unha fronte común de liberación nacional. O partido foi refundado como o Partido dos Traballadores de Vietnam no Segundo Congreso Nacional do Partido en Tuyen Quang en 1951. O congreso levouse a cabo en territorio norvietnamita contralado polo Viet Minh durante a Primeira Guerra da Indochina. O Terceiro Congreso Nacional levouse a cabo en Hanoi en 1960 e formalizou as tarefas de implantar o socialismo no que era Vietnam do Norte e encomendouse ao partido para que leve a cabo a unión co sur. No Cuarto Congreso Nacional de 1976, levado a cabo trala vitoria do norte na Guerra de Vietnam, o nome do partido foi cambiado a Partido Comunista de Vietnam.

Organización

[editar | editar a fonte]

O PCV é de orientación marxista-leninista. En 1976, como resultado da unificación de Vietnam do Norte e Vietnam do Sur, o Comité Central foi expandido de 77 a 133 membros e o Politburó creceu de once a dezasete membros, mentres que o Secretariado incrementouse de sete a nove membros.

A membresía no Partido duplicouse de 760.000 en 1966 a 1.553.500 en 1976, representando o 3.1% da poboación total do país e en 1986 estaba xa preto dos dous millóns.

No Sexto Congreso Nacional, levado a cabo en 1986, Nguyen Van Linh foi nomeado secretario xeral mentres que un Politburó de catorce membros foi elixido e o Comité Central se expandiu a 173 membros.

No Noveno Congreso Nacional de 2001, Nong Duc Manh foi nomeado o novo secretario xeral.

O actual Politburó consta de 15 membros e foi elixido en abril do 2001. Este organismo determina a política de goberno e o seu Secretariado de nove persoas, supervisa a política de día a día. En adición, a Comisión Militar Central do Partido, que está composta por membros selectos do Politburó e líderes militares, determinan a política militar vietnamita.

Un Congreso Partidario, reuniu 1.168 delegados elixidos no Noveno Congreso Partidario en abril de 2001, reúnese cada 5 anos para fixar a dirección o Partido e do goberno. O Comité Central de 150 membros, que é elixido polo congreso do Partido usualmente, reúnese dúas veces ao ano. O Politburó reúnese máis frecuentemente e o Secretariado é o responsable das actividades diarias baixo a dirección do Secretario Xeral.

Ideoloxía

[editar | editar a fonte]

Malia que formalmente é un partido marxista-leninista, o Partido Comunista de Vietnam realizou importantes reformas na economía e permitiu o crecemento do sector privado. Pese á súa política de apertura económica, o partido segue conservando o control total sobre poder político, seguindo, en certa medida, o modelo do Partido Comunista da China.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]