Saltar ao contido

Partido Comunista Francés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Partido Comunista de Francia»)
Parti Communiste Français (PCF)
Partido político de Francia
Dirixentes e organización
LíderFabien Roussel
(Secretario Nacional)
MocidadesMouvement Jeunes Communistes
Filiación internacionalPartido da Esquerda Europea
Historia
Fundación1920
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo
Representación
Asemblea Nacional
12 / 577
Senado
12 / 348
Parlamento europeo
0 / 74
Outros datos
SedeParís, Francia
PublicaciónL'Humanité
Na rede
www.pcf.fr
Facebook: Particommuniste Twitter: PCF BNE: XX254174 Editar o valor en Wikidata

O Partido Comunista de Francia (Parti Communiste Français, PCF) é un partido político francés de esquerdas, membro do Partido da Esquerda Europea.

O PCF foi fundado no Congreso de Tours, no ano 1920, como consecuencia da escisión no seo da Sección Francesa da Internacional Obreira (SFIO) entre os partidarios da II Internacional (da cal formaba parte a SFIO) e os partidarios da III Internacional (maioritarios e favorábeis á Revolución Rusa e ó bolxevismo). Estes últimos fundaron a Sección Francesa da Internacional Comunista (SFIC), que se convertería posteriormente no actual Partido Comunista Francés.

Despois da liberación de Francia, ao final da segunda guerra mundial, o partido comunista participou nos primeiros gobernos ata 1947, por ser unha das forzas políticas máis importante naquelas. Logo volveu ter ministros en diferentes gobernos de esquerda da quinta república.

O PCF presentou candidatos as eleccións para presidente da república francesa:

Situación a principios do século XXI

[editar | editar a fonte]

A secretaria xeral do PCF ocupa a deputada Marie-George Buffet dende o ano 2001. Foi elixida para este cargo despois da marcha do antigo secretario xeral Robert Hue e logo reelixida no 33º congreso nacional do partido o 26 de marzo de 2006.

O Partido Comunista Francés atópase na oposición, aínda que durante a cuarta e a quinta repúblicas participou en varios gobernos.

Despois das eleccións de marzo do 2008 o PCF goberna dous departamentos , o Val do Marne na Illa de Francia e o Allier na rexión de Auvernia, perdendo o goberno "histórico" do departamento da Sena-San Denis. Trátase dos departamentos de Sena-San Denis e Val do Marne, os dous na rexión de Illa de Francia. O PCF ocupa a presidencia destes dous departamentos grazas ó apoio recibido por parte dos outros partidos políticos de esquerda presentes nos Consellos Xerais, xa que en ningún caso dispón da maioría absoluta.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]