Saltar ao contido

Partido Comunista de Estonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Comunista de Estonia
Logo
TipoPartido Comunista e partido comunista das repúblicas da Unión Soviética
IdeoloxíaMarxismo-leninismo e comunismo
Data de fundación5 de novembro de 1920
Data de disolución22 de agosto de 1991
Fundador(es)Viktor Kingissepp
EnRepública Socialista Soviética de Estonia
PaísUnión Soviética
editar datos en Wikidata ]

O Partido Comunista de Estonia (en estoniano: Eestimaa Kommunistlik Partei, EKP) foi a póla rexional do Partido Comunista da Unión Soviética en Estonia, o partido único da República Socialista Soviética de Estonia. O Partido Comunista de Estonia formouse en 1920, cando Estonia se integrou na Unión Soviética en 1940 converteuse no brazo rexional do PCUS e como tal foi o único partido permitido e o que gobernou Estonia ata que en 1990 houbo eleccións libres na república que conduciron á independencia de Estonia en 1991 e a desaparición do EKP que se transformou no Partido Democrático do Traballo de Estonia en 1992, partido testemuñal na vida política estonia agora co nome de Partido da Esquerda Estonia.