Partido Comunista da Federación Rusa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Partido Comunista da Federación Rusa | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Guennadi Ziugánov |
Mocidades | Liga Leninista de Mozos Comunistas da Federación Rusa |
Filiación internacional | Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Obreiros |
Historia | |
Fundación | 14 de febreiro de 1993 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo Marxismo-leninismo Socialismo do século XXI Internacionalismo |
Representación | |
Duma Estatal | 42 / 450 |
Consello da Federación | 2 / 170 |
Parlamentos rexionais | 460 / 3.980 |
Outros datos | |
Sede | Moscova |
Publicación | Pravda |
Na rede | |
kprf.ru | |
O Partido Comunista da Federación Rusa (ruso: Коммунистическая партия Российской Федерации) é un partido político ruso da esquerda radical. Segundo maior partido da Rusia, é visto como herdeiro histórico do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) e do seu antecesor, o Partido Bolxevique. Non obstante, a súa estrutura e ideoloxías, como o abandono do ateísmo, difiren radicalmente do PCUS.
Historia
[editar | editar a fonte]O PCFR está liderado por Guennadi Ziuganov, que fundou o partido no inicio de 1993 cos antigos políticos soviéticos Yegor Ligachev e Anatoly Lukyanov, entre outros. Ziuganov era afillado político de Alexander Yakovlev, o "avó da glasnost", no Comité Central da PCUS. Tras o colapso da Unión Soviética en 1991, converteuse en membro activo do movemento nacional-patriótico ruso, e presidente da Fronte de Salvación Nacional.
Un novo movemento de esquerda foi formado por iniciativa do PCFR o 7 de agosto de 1996. Foi chamado Unión Popular Patriótica da Rusia (UPPR) e consistía en máis de 30 organizacións nacionalistas de esquerda e de dereita. En 1996, Ziuganov foi nomeado candidato á presidencia polo PCFR e foi apoiado pola UPPR. El recibiu apoio do preminente intelectual Aleksandr Zinovyev (disidente do réxime soviético que foi seguidor do comunismo durante a perestroika) e de Zhores Ivanovich Alferov, que vencería o Premio Nobel da Física en 2000.
Antigos membros de PCFR inclúen a políticos famosos que abandonaron o partido tras colidir as súas ideas coas de Ziuganov, que tiña o apoio da maioría dos membros. Entre os disidentes máis notábeis estiveron Gennady Seleznev (en 2001), Sergey Glazyev (en 2003) e Gennady Semigin (en 2004).
Ideoloxía
[editar | editar a fonte]A ideoloxía oficial do partido é o marxismo-leninismo, comunismo e o socialismo do século XXI. O PCFR enfatiza a súa orixe rusa e constantemente invoca o patriotismo e o nacionalismo, en unión ao marxismo-leninismo do PCUS. Ao contrario do PCUS tras 1956, o PCFR celebra o goberno de Iosif Stalin. Andrei Brezhnev, neto do líder soviético Leonid Brezhnev, criticou ao PCFR por abandonar o ateísmo e polo acercamento de Ziuganov á Igrexa Ortodoxa Rusa.
A maioría dos comentaristas políticos caracterizan a á dominante de Ziuganov como máis nacionalista (ou "patriótica-popular", como se autodefinen os militantes do partido) que marxista-leninista. Algúns consideran que a única facción do PCFR que pode ser ideoloxicamente definida como comunista é aquela ligada a Richard Kosolapov. De facto, esa á se opuxo á decisión do partido de lanzar a candidatura de millonarios como Sergei Sobko, unha vez que o PCFR posúe a eliminación da oligarquía como unha das súas metas.
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]Eleccións presidenciais
[editar | editar a fonte]Data | Candidato | 1ª Volta | 2ª Volta | ||
---|---|---|---|---|---|
Votos | % | Votos | % | ||
1996 | Guennadi Ziuganov | 24 211 686 | 32,5 (#2) | 30 102 288 | 40,7 (#2) |
2000 | Guennadi Ziuganov | 21 928 468 | 29,5 (#2) | ||
2004 | Nikolay Kharitonov | 9 514 554 | 13,8 (#2) | ||
2008 | Guennadi Ziuganov | 13 243 550 | 18,0 (#2) | ||
2012 | Guennadi Ziuganov | 12 288 624 | 17,2 (#2) |
Eleccións lexislativas
[editar | editar a fonte]Data | Votos | % | Deputados | Status |
---|---|---|---|---|
1993 | 6 666 402 | 12,4 (#3) | Oposición | |
1995 | 15 432 963 | 22,3 (#1) | 92 | Oposición |
1999 | 16 196 024 | 24,3 (#1) | 44 | Oposición |
2003 | 7 647 820 | 12,6 (#2) | 61 | Oposición |
2007 | 8 046 886 | 11,6 (#2) | 5 | Oposición |
2011 | 12 599 507 | 19,2 (#2) | 35 | Oposición |
2016 | 7.019.752 | 13,34% | Oposición |
Traxectoria electoral
[editar | editar a fonte]Desde a súa fundación até os días actuais, o PCFR é o segundo maior partido político da Rusia, o maior da oposición.
En todas as eleccións desde o fin da Unión Soviética, o candidato do PCFR terminou a disputa en segundo lugar. En 1996, Ziuganov obtivo o apoio do 32% do electorado, contra o 32% de Boris Eltsin. En 2000, Ziuganov obtivo o 29% contra o 53% de Vladimir Putin. En 2004, Putin obtivo o 71% dos votos, contra só o 14% de Nikolay Kharitonov. En 2008, Ziuganov obtivo case o 18% dos votos. Conseguiu superar a Dmitri Medvedev nalgunhas vilas e cidades pequenas. Tras a elección, Ziuganov afirmou que os seus electores descubriron varios casos de fraude electoral e que el debería ter polo menos o 30% dos votos. El afirmou aínda que iría cuestionar os resultados na Xustiza Electoral. Algunhas semanas despois, o Comité Electoral Ruso admitiu que a maioría das reclamacións do PCFR tiñan fundamento, mais non cuestionou o resultado final das eleccións.
Electorado
[editar | editar a fonte]O PCFR é máis forte nos grandes centros industriais e científicos, cidades pequenas e nos municipios ao redor de Moscova. Por exemplo, unha pescuda de intención de voto en 2007 indicou que o PCFR obtivo o apoio da maioría da poboación ao redor da Universidade Estatal de Moscova.
O electorado do partido está composto principalmente de pensionistas, traballadores industriais e empregados de organizacións sen fins lucrativos. Nos últimos anos, o partido tamén tivo unha grande adhesión de grupos da xuventude de esquerda, como a Vangarda de Esquerda Vermella.
De acordo co Servizo Federal de Rexistro, 146.546 electores rexistráronse xunto ao goberno como membros do PCFR.