Parthenium hysterophorus
Parthenium hysterophorus | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
|
Parthenium hysterophorus é unha especie de plantas anxiospermas da familia Asteraceae. É nativa da América tropical.[1][2][3][4][5] [6] É unha especie invasora común[7] na India,[8] Australia e partes de África.[5]
Especie invasora
[editar | editar a fonte]Parthenium hysterophorus invade terras alteradas, incluíndo as beiras das estradas. Infesta os pastos e granxas, causando a miúdo perdas de rendemento desastrosas nas colleitas.[9][10][11][12][13] Nalgunhas áreas, fortes brotes desta planta estiveron moi estendidos, afectando ao gando e produción de colleitas e mesmo á saúde humana.[14][15]
A planta produce compostos alelopáticos que suprimen as plantas agrícolas e de pasto, e alérxenos que afectan a humanos e gando. Tamén causa frecuentemente alerxias por pole.[16] Un estudo publicado en 2021 mostrou que a planta podía promover a malaria ao fornecer refuxio e alimento moi aprezado polos mosquitos no leste de África.[17]
Está sendo investigada como un medio para eliminar metais pesados e tinguiduras do medio ambiente, control de malas herbas acuáticas, produción de encimas comercial, aditivo para o esterco na produción de biogás, como un biopesticida e como esterco verde e compost.[18]
A especie foi listada como unha especie allea invasora na Unión Europea. Isto significa que é ilegal importala ou vendela en toda a Unión Europea.[19]
Toxicidade
[editar | editar a fonte]O contacto coa planta causa dermatite e disfunción respiratoria en humanos e dermatite no gando vacún e outros animais domésticos. A principal substancia responsable é a partenina, que é perigosamente tóxica.[20][21][22] Tamén é responsable da enfermidade do leite amargo nas vacas cando o seu penso está contaminado con follas de Parthenium.[23]
Entre outros efectos alelopáticos da especie, a presenza de grans de pole de Parthenium inhibe a maduración dos froitos no tomate, berenxena, feixóns e outras plantas agrícolas.
Control
[editar | editar a fonte]As infestacións lixeiras de Parthenium hysterophorus en campos cultivados poden ser erradicadas con sachos ou eliminadas a man se hai dispoñibilidade de man de obra e o custo é aceptable.
Xeralmente a aplicación de herbicidas é cara e a miúdo nociva. Os sprays de Paraquat poden aplicarse mentes esta mala herba é nova. O glifosato non é efectivo contra esta especie.
O medio máis satisfactorio e prometedor de control a longo prazo práctico é o biolóxico. Varias especies que se alimentan da planta están a utilizarse ou en ensaio en varios países. O organismo para o control melloe establecido ata agora é o escaravello nativo de México, Zygogramma bicolorata, que se introduciu na India por primeira vez en 1984. Desde entón o animal espallouse e está ben establecido en todo o subcontinente. Defolia e a miúdo mata a planta e os danos que lle causa á planta reducen a súa produción de sementes.
En varios países, como Australia e Suráfrica, liberáronse outros axentes de biocontrol e están en avaliación. Entre estes están polo menos outras dúas especies de escaravellos liberados en Suráfrica, un gurgullo que perfora os talos da especie Listronotus setosipennis, e o gurgullo das sementes Smicronyx lutulentus.[24]
Tamén en Suráfrica, utilizáronse os fungos Puccinia abrupta var. partheniicola e Puccinia xanthii.[24]
En Australia, á parte dos mencionados, empregáronse ou foron avaliados outros axentes contra o Parthenium hysterophorus, ata un total de 11 especies desde 1980. Deses once, nove parece que se conseguiron establecer en varias rexións. Os dous cos efecos máis grandes parecen ser o escaravello Zygogramma bicolorata e a avelaíña que produce bugallos nos talos Epiblema strenuana. Porén, outras especies que parece que se estableceron son a avelaíña minadora das follas Bucculatrix parthenica, o gurgullo que forma bugallos no talo Conotrachelus albocinereus, e a avelaíña que perfora os talos Carmenta ithacae.[25]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Parthenium hysterophorus". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), United States Department of Agriculture (USDA). Consultado o 2010-10-29.
- ↑ BSBI List 2007 (xls). Botanical Society of Britain and Ireland. Archived from the original (xls) on 2015-06-26. Consultado o 2014-10-17.
- ↑ USDA, NRCS (n.d.). "Parthenium hysterophorus". The PLANTS Database (plants.usda.gov). Greensboro, North Carolina: National Plant Data Team. Consultado o 30 de xaneiro de 2016.
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "'Parthenium hysterophorus' (TSN 38164)" (en inglés).
- ↑ 5,0 5,1 McConnachie AJ, Strathie LW, et al. Current and potential geographical distribution of the invasive plant Parthenium hysterophorus (Asteraceae) in eastern and southern Africa. Weed Research. 2011 51(1) From http://www.farmersweekly.co.za 27 de decembro de 2013
- ↑ Oudhia, P., Tripathi, R. S., Choubey, N. K., & Lal, B. (2000). Parthenium hysterophorus: a curse for the bio-diversity of Chhattisgarh plains of MP. Crop Research (Hisar), 19(2), 221-224.
- ↑ "Parthenium hysterophorus (herb)". Global Invasive Species Database. Invasive Species Specialist Group. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2012. Consultado o 2010-10-29.
- ↑ Oudhia, P. (2000). Parthenium hysterophorus : a new weed in upland rice fields of the Chhattisgarh Plains (India).International Rice Research Notes (IRRN).25.1:34.
- ↑ Oudhia, P (2000). "Allelopathic effects of Parthenium hysterophorus and Ageratum conyzoides on wheat var.Sujata". Crop Research 20 (3): 563–566.
- ↑ Oudhia, P (2000). "Positive (inhibitory) allelopathic effects of Parthenium hysterophorus leaves on germination and seedling vigour of sunflower". Crop Research 20 (3): 560–562.
- ↑ Oudhia, P (2001). "Allelopathic effects of leachates and extracts of different parts of an obnoxious weed Parthenium hysterophorus L. on germination and seedling vigour of selected crops". Ecology, Environment and Conservation 7 (4): 427–434.
- ↑ Oudhia, P. and Tripathi, R.S. (1998). Allelopathic effects of Parthenium hysterophorus L. on Kodo, Mustard and problematic weeds. Proc. First International Conference on Parthenium Management (Vol. II) UAS, Dharwad 6-8 Oct. 1997: 136-139.
- ↑ Oudhia, P.; Kolhe, S.S.; Tripathi, R.S. (1997). "Allelopathic effect of Parthenium hysterophorus L. on germination of Linseed". Indian J. Plant Physiol 2 (4): 327–329.
- ↑ Gebeyehu, Adane Kebede (2008). The distributions of parthenium weed (Parthenium hysterophorus L. Asteraceae) and some of its socio-economic and ecological impacts in the Central Rift Valley, Adami Tulu-Jido Kombolcha Woreda; Ethiopia (PDF) (Tese). Addis Ababa University. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2011-10-07. Consultado o 2009-03-13.
- ↑ "Deadly weed invaded Uganda". 2009-03-13. Arquivado dende o orixinal o 2009-03-16. Consultado o 2009-03-13.
- ↑ Kher, Prateek (2008-09-25). "Transforming an obnoxious weed into gold!". Merinews. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 24 de febreiro de 2023.
- ↑ "Invasive weed could fuel malaria transmission". phys.org (en inglés). Consultado o 2021-09-02.
- ↑ Patel, S (2011). "Harmful and beneficial aspects of Parthenium hysterophorus: an update". 3 Biotech 1 (1): 1–9. PMC 3339593. PMID 22558530. doi:10.1007/s13205-011-0007-7.
- ↑ "European Regulation on IAS". xuño de 2021.
- ↑ CID 442288 de PubChem.
- ↑ Parthenium
- ↑ "Integrated weed management for parthenium". The Hindu (Chennai, India). 2003-12-04. Arquivado dende o orixinal o 2003-12-06.
- ↑ "Campaign launched for biological control of a dangerous weed". The Hindu. 4 de setembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro de 2006.
- ↑ 24,0 24,1 ARC-PPRI Fact Sheets on Invasive Alien Plants and their Control in South Africa|[1] Arquivado 05 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ CRC for Australian Weed Management: Best Practice Guide. Impact evaluation of weed biological control agents 2008|[2] Arquivado 28 de marzo de 2018 en Wayback Machine.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parthenium hysterophorus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Parthenium hysterophorus |