Parres
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Asturias | ||||
Provincia | provincia de Asturias | ||||
Capital | Les Arriondes | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.208 (2023) (41,31 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 126,08 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Parres (en) | José Marcos Gutiérrez Escandón | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 33540 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 33045 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | ayto-parres.es | ||||
Parres é un concello de Asturias. Linda polo norte con Caravia e Ribadesella, polo leste con Cangas de Onís, polo oeste con Piloña e Colunga e polo sur con Amieva. A capital do concello é localidade de Arriondas. A poboación en 2013 atinxía un total de 5.615 habitantes.
Xentilicio
[editar | editar a fonte]A denominación do habitantes é parragués / parraguesa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Parres ocupa unha área de 126,08 km². O terreo é moi montañoso e abrupto, salvo quizais a parte central, con pequenos vales orientados en todas as direccións. Pódese afirmar que a rede de montes do concello é complicada, pola variedade de cordais e cumios de alturas diversas que ocupan o concello. Polo norte aparecen unha serie de cumes e serras moi característicos de Asturias, como son a Serra de El Sueve co pico Pienzo á cabeza (1.159 m), a serra de Llavallos, a de Calabrez e o pico Moro no extremo nordeste. Na parte central, porén, contrasta a suavidade da zona, que é a parte menos abrupta do concello, pero na que cómpre destacar a mota Cea e Cetín (1.068 m).
Hidrografía
[editar | editar a fonte]A rede hidrográfica ten dous ríos salientábeis:o Piloña, que parte case pola metade o concello, trascorrendo de oeste a leste, e o Sella, a corrente máis caudalosa da zona, que reparte as súas augas entre Cangas de Onís e Parres e que desemboca no Mar Cantábrico na veciña Ribadesella; é, por outra banda, elemento limítrofe no oriente do municipio.
Fauna e Flora
[editar | editar a fonte]A vexetación do concello tamén é variada, destacando matogueiras na alta montaña, así como piñeiros, faias, eucaliptos, carballos e abeleiras. A fauna fluvial está representada pola troita, o reo, a anguía e o salmón. Entre a fauna terrestre achamos raposos, teixugos, garduñas, xabaríns, corzos e venados, así como asturcóns, o cabalo autóctono que está en regresión. As aves máis avistadas son as pegas, merlos, corvos e voitres.
Sectores económicos
[editar | editar a fonte]Número de traballadores | Tanto por cento | ||||
---|---|---|---|---|---|
TOTAL | 2.117 | 100 | |||
Agricultura, gandería e pesca | 241 | 11,38 | |||
Industria | 256 | 12,09 | |||
Construción | 279 | 13,18 | |||
Servizos | 1.341 | 63,34 | |||
* Datos do Anuario Estadístico de Asturias 2006, SADEI |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina de Parres (en castelán)
- Federación Asturiana de Concellos Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Parres |