Parque Nacional de Timanfaya
(es) Parque nacional de Timanfaya | ||||
Tipo | Parque nacional espazo natural protexido Parque Nacional de España | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Rede de Parques Nacionais de España | |||
Situado na entidade xeográfica | Lanzarote | |||
Localización | ||||
División administrativa | Illas Canarias, España e Las Palmas, España | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 103 m | |||
Punto máis alto | volcán (510 m ) | |||
Superficie | 51 km² 5.176,63693 ha | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 895 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 9 de agosto de 1974 e 1974 | |||
Actividade | ||||
Visitantes anuais | 1.748.149 (2007) | |||
Operador | Goberno das Canarias Goberno e política de España | |||
Sitio web | mapama.gob.es… | |||
O Parque Nacional de Timanfaya atópase nos municipios de Yaiza e Tinajo da illa de Lanzarote, nas Illas Canarias.
Foi declarado Parque Nacional o 9 de agosto de 1974. Ocupa unha extensión de 51,07 km² do suroeste da illa. Trátase dun parque de orixe volcánico. As últimas erupcións producíronse no século XVIII, entre os anos 1730 e 1736. Conta con máis de 25 volcáns, sendo algúns emblemáticos, tales como as Montañas del Fuego, Montaña Rajada ou a Caldera del Corazoncillo. Aínda presenta actividade volcánica, existindo puntos de calor na superficie que alcanzan os 100-120 °C e 600 °C a 13 metros de profundidade.
Este hábitat volcánico atópase nas primeiras etapas da sucesión ecolóxica (en total atópanse unhas 180 especies vexetais), polo que é un lugar excelente para o estudo dos procesos de colonización e sucesión.
En 1993, Unesco outorgoulle a cualificación de Reserva da Biosfera a toda a illa. Tamén é Zona de especial protección para as aves (1994).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Charco de los Ciclos.
-
Vista xeral.
-
Boca do volcán.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional de Timanfaya |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial do Parque Nacional do Ministerio de Medio Ambiente Arquivado 08 de xuño de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
- Rincones de Canarias-Parque Nacional de Timanfaya (en castelán)