Parque Nacional de Manas
Tipo | Parque nacional | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Assam, India | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 2.600 km² Patrimonio da Humanidade: 39.100 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio natural → Asia-Oceanía insular | |||
Data | 1985 (9ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii), (ix) e (x) | |||
En perigo | 1992 - 2011 | |||
Identificador | 338 | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 26164 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1990 | |||
Cronoloxía | ||||
1992-2011 | lista do Patrimonio Mundial en Perigo | |||
O Parque Nacional de Manas (assamés: মানস ৰাষ্ট্ৰীয় উদ্যান, Manôx Rastriyô Udyan) é un parque nacional da India inscrito no Patrimonio da Humanidade da UNESCO, e que ten a consideración de reserva da biosfera e forma parte da reserva de Manas do Proxecto Tigre que conta cunha superficie total de 2837 km²[1]. Localizado en Assam, ao pé do Himalaia e contiguo ao Parque Real Nacional de Manas[2] de Bután. O parque coñécese pola súa fauna endémica e en risco de extinción, como é o caso da tartaruga Pangshura sylhetensis, do lepórido Caprolagus hispidus, do langur dourado e do súido Sus salvanius. Tamén é famoso pola súa poboación de búfalos acuáticos.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Manas era unha reserva forestal utilizada pola familia real de Cooch Behar e o raxá de Gauripur como reserva de caza. O 1 de outubro de 1928 estableceuse o santuario de Manas cunha superficie de 360 km² que en 1955 aumentou ata chegar a 391 km². En 1973 creouse a reserva natural. En decembro de 1985 a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade. No ano 1990 incoporáronse as reservas forestais de Kahitama, Kokilabari e Panbari para formar o Parque Nacional de Manas con 500 km². En 1992 a UNESCO inscribiuno na Lista do Patrimonio Mundial en Perigo por mor da caza furtiva intensiva e mais polas actividades terroristas. O 21 de xuño de 2011 deixou de figurar como Patrimonio Mundial en perigo.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O parque localízase en seis distritos Kokrajhar, Bongaigaon, Barpeta, Nalbari, Nalbari, Kamrup e mais Darrang, no oeste do estado de Assam.
O río Manas é o principal curso de auga do parque é un importante afluente do Brahmaputra; o límite oeste do parque coincide coa bifurcación do río en dous, o Beki e o Bholkaduba, que con cinco outros cursos de auga irrigan o parque en bancais aluviais baixos, xa que as altitudes medias van dos 61 aos 110 metros sobre o nivel do mar.
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]O solo aluvial no sur é propicio para as praderías mentres as sabanas do norte presentan un subsolo calcario constituído por arenito.
Ocupación humana
[editar | editar a fonte]O pobo bodo leva séculos asentado na zona mais para a creación da reserva expropiáronlles as súas terras, establecendo as súas aldeas na periferia, manténdose habitada tan só unha vila rural no seo do parque.
Clima
[editar | editar a fonte]O seu clima é tropical, con veráns quentes con arredor de 28 °C de media e invernos cunha temperatura media que non baixa de 17 °C no mes de febreiro[4]. A precipitación media é de 1600 mm ao ano e entre maio e setembro, meses de monzón, danse fortes precipitacións que a miúdo asolagan o parque.
Flora
[editar | editar a fonte]Rexístranse 543 especies de plantas. Son comúns as dicotiledóneas con 374 especies, incluíndo 89 de árbores, e as monocotiledóneas con 139 mais tamén hai 30 especies de pteridófitas e ximnospermas.
As árbores máis comúns dentro do parque son Aphanamixis polystachya, Anthocephalus chinensis, Syzygium cumini, Syzygium formosum, Syzygium oblatum, Bauhinia purpurea, Mallotus philippensis, Cinnamomum tamala, Actinodaphne obvata, Bombax ceiba, Sterculia villosa, Dillenia indica, Dillenia pentagyna, Careya arborea, Lagerstroemia parviflora, Lagerstroemia speciosa, Terminalia bellirica, Terminalia chebula, Trewia polycarpa, Gmelina arborea, Oroxylum indicum e árbores do xénero Bridelia . As praderías abundan en Imperata cylindrica, Saccharum naranga, Phragmites karka, Arundo donax, Dillenia pentagyna, Phyllanthus emblica, Bombax ceiba, e especies de Clerodendrum, Leea, Grewia, Premna e Mussaenda.
Fauna
[editar | editar a fonte]Habitan o santuario 55 especies de mamíferos, 450 de aves[5], 50 de réptiles e 3 de anfibios.
Entre a fauna do santuario salientan elefantes, rinocerontes, Bos gaurus, búfalos, Rucervus duvaucelii, tigres de Bengala, Panthera pardus fusca, Neofelis nebulosa, Catopuma temminckii, Cuon alpinus, Trachypithecus pileatus, Macaca assamensis, primates do xénero Nycticebus, Lutrogale perspicillata, Melursus ursinus, cérvidos do xénero Muntiacus, Hyelaphus porcinus, panteras negras, Rusa unicolor e chitais.
Unhas poucas especies non se atopan en estado salvaxe fóra do parque, como é o caso do sapoconcho Pangshura sylhetensis, o lepórido Caprolagus hispidus, o langur dourado e o súido Porcula salvania.
Entre as aves presentes no parque destaca a principal poboación da ameazada Houbaropsis bengalensis. Outras aves con presenza importante son Buceros bicornis, Gallus sonneratii, bulbuis, Tadorna ferruginea, Lophura leucomelanos, pelícanos, Haliaeetus humilis, Spilornis cheela, falcóns, Pericrocotus speciosus, abellarucos, Copsychus fulicatus, Anthracoceros coronatus, Ocyceros birostris, Mergus merganser, pavóns, aguias peixeiras e garzas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Manas Wildlife Sanctuary". World Heritage Centre
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2009. Consultado o 2010-04-04.
- ↑ Choudhury, A.U.(2010)The vanishing herds : the wild water buffalo. Gibbon Books, Rhino Foundation, CEPF & COA, Taiwan, Guwahati, India
- ↑ "Weather statistics for Manas National Park, Assam (India)" Arquivado 23 de setembro de 2018 en Wayback Machine. yr.no
- ↑ Choudhury, A.U. (2006) Birds of Manas National Park. Gibbon Books & The Rhino Foundation for Nature in North East India, Guwahati, India. 84pp