Saltar ao contido

Parque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoParque nacional
área protexida da rede Natura 2000
espazo natural protexido
Parque Nacional de España Editar o valor en Wikidata
Parte deRede de Parques Nacionais de España Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCataluña, España e Provincia de Lleida, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°34′38″N 0°56′52″L / 42.5772, 0.9478
Características
Superficie40.852 ha
13.925,99896 ha Editar o valor en Wikidata
Zona de especial conservación
Datadecembro de 2013
IdentificadorES0000022
Sitio Ramsar
Data19 de febreiro de 2007
Identificador1678
Lugar de importancia comunitaria
Datadecembro de 2003
IdentificadorES0000022
Zona de especial protección para as aves
Datafebreiro de 1988
IdentificadorES0000022
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 196014 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación21 de outubro de 1955 e 1955 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Visitantes anuais552.014 (2018) Editar o valor en Wikidata

Sitio webparcsnaturals.gencat.cat… Editar o valor en Wikidata

O Parque nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici foi creado en1996 e é o único parque nacional español situado na comunidade autónoma de Cataluña.

Está situado na parte central dos Pireneos repartido entre catro comarcas pirenaicas: a Alta Ribagorça, o Pallars Sobirà, o Pallars Jussà e o Val de Arán, na provincia de Lleida, abarcando, no seu parte central, territorio dos termos municipais de Espot e La Vall de Boí.

Presenta dúas áreas: a oriental, de clima continental e regada polos afluentes do Noguera Pallaresa, que alimentan o lago de Sant Maurici, e a occidental (Aigüestortes), de clima atlántico de alta montaña e bañada polos tributarios do Noguera Ribagorzana.

A xeografía do parque é de alta montaña porque gran parte do territorio excede os 1.000 msnm, con picos que superan os 3.000 msnm. Abundan os lagos de orixe glaciar cuaternario. Destacan, entre todos, dous vales: ao oeste o val do río San Nicolás, cos seus característicos prados e meandros dos que provén o nome de "Aigüestortes" (augas tortuosas). Ao leste o val de río Escrita co lago de Sant Maurici.

O parque ten un gran valor biolóxico. Os grandes desniveis que presenta orixinan os diferentes ecosistemas: prados, cultivos e bosques caducifolios nas cotas máis baixas, bosques de folla perenne nas cotas medias, e prados e rocas de alta montaña nas cotas máis altas. Dado que desde hai anos foi un espazo protexido e o seu acceso relativamente inaccesible, preservou a flora e a fauna nun estado bastante salvaxe. A pesar de todo, a pegada do home é inevitable e o parque aínda está explotado polo gando, o turismo e as centrais hidroeléctricas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]