Saltar ao contido

Parque Nacional das Tablas de Daimiel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque Nacional das Tablas de Daimiel
(es) Parque Nacional de las Tablas de Daimiel Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoParque Nacional de España
espazo natural protexido Editar o valor en Wikidata
Parte deRede de Parques Nacionais de España Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCastela-A Mancha, España, provincia de Cidade Real, España e Castela-A Mancha, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 39°08′42″N 3°42′07″O / 39.1449, -3.702
Características
Superficie30,3 km²
3.010,61437 ha Editar o valor en Wikidata
Sitio Ramsar
Data4 de maio de 1982
Identificador235
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 4750 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación28 de xuño de 1973 e 1973 Editar o valor en Wikidata

Sitio webreddeparquesnacionales.mma.es… Editar o valor en Wikidata

O Parque Nacional das Tablas de Daimiel é un parque nacional español que protexe a zona húmida homónima, as Tablas de Daimiel. O parque nacional atópase situado nos termos de Daimiel e Villarrubia de los Ojos, na provincia de Cidade Real, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. É ademais zona de especial protección para as aves (ZEPA) e parte da Reserva da Biosfera A Mancha Húmida.

As Tablas son un dos últimos representantes dun ecosistema denominado táboas fluviais que se forman ao desbordarse os ríos nos seus tramos medios, favorecidos por fenómenos de semiendorreísmo e a escaseza de pendentes. A zona húmida fórmase na confluencia do río Guadiana e o seu afluente Gigüela e é un dos ecosistemas acuáticos máis importantes da Península Ibérica pola variedade e calidade da fauna e flora que habitan nela, así como por aquelas aves que a empregan nos pasos migratorios.

Con todo, a supervivencia do parque periga debido á sobreexplotación dos acuíferos que provoca que sen achegue artificial de auga, a reserva sufra duras secas. Debido a esta degradación, o 22 de outubro de 2009 a Comisión Europea abre un expediente a España,[1] mentres que a UNESCO xa expresara con anterioridade a posibilidade de retirar a figura de reserva da biosfera.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]