Parque Nacional da Caldera de Taburiente
(es) Parque Nacional de la Caldera de Taburiente | |||||
Tipo | Parque nacional espazo natural protexido Parque Nacional de España axencia gobernamental | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Caldera de Taburiente (en) | ||||
Parte de | Rede de Parques Nacionais de España | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Illas Canarias, España e Provincia de Santa Cruz de Tenerife, España | ||||
Localización | La Palma | ||||
| |||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Altitude | 2.426 m | ||||
Superficie | 4,69 km² 4.397,87981 ha | ||||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | |||||
World Database on Protected Areas | |||||
Identificador | 348789 | ||||
Historia | |||||
Data de creación ou fundación | 6 de outubro de 1954 e 1954 | ||||
Actividade | |||||
Visitantes anuais | 389.024 (2007) | ||||
Sitio web | gobiernodecanarias.org… | ||||
O Parque Nacional da Caldera de Taburiente é un parque nacional de España, situado na illa de La Palma, nas Canarias. Como o resto do arquipélago é de natureza volcánica, pero distínguese pola gran cantidade de recursos hídricos que posúe, tanto subterráneos como superficiais.
Foi declarado Parque nacional o 6 de outubro de 1954, sendo a segunda área protexida das Canarias en recibir esta designación, tras o Parque Nacional do Teide en Tenerife e a cuarta de España. Ademais é, desde 2002, Reserva Mundial da Biosfera conxuntamente con toda a illa. Actualmente abarca unha superficie de 46,9 km², que xunto á Zona Periférica de Protección comprende 59,56 km².
Sitúase no centro da illa coincidindo coa formación xeolóxica da Caldera de Taburiente, de 7 km de eixo máximo, e que é considerada a marabilla natural máis emblemática da illa. A depresión que forma a Caldera atópase entre os 600 e os 900 metros sobre o nivel do mar, mentres que a crestería que forma o cerco rochoso que a rodea alcanza os 2.426 metros no punto máis alto, o chamado Roque de los Muchachos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional da Caldera de Taburiente |