Park Chanyeol
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ko) 박찬열 27 de novembro de 1992 (31 anos) Seúl, Corea do Sur |
Outros nomes | Loey |
Educación | Kyung Hee Cyber University (en) Universidade Inha (pt) Hyundai Senior High School (en) |
Actividade | |
Ocupación |
|
Período de actividade | 2012 - |
Membro de | |
Xénero artístico | K-pop, música hip hop e Rhythm and blues |
Tesitura | Barítono lírico |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | SM Entertainment Avex trax |
Park Chanyeol, nado o 27 de novembro de 1992[1], é un rapeiro, cantante, compositor e actor surcoreano. Debutou en 2012 como membro da banda surcoreano-chinesa EXO e da súa subunidade EXO-K.
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Park Chanyeol naceu en Seúl, Corea do Sur. Asistiu á Hyundai High School en Apgujeong-dong, Seúl. Ten unha irmá chamada Park Yoora, quen é actualmente unha presentadora na cadea de televisión surcoreana YTN,[2] e anteriormente na MBC. Chanyeol foi admitido nunha institución privada de interpretación cando tiña dezaseis anos, onde se volveu un bo amigo de P.O. de Block B.
Despois de ver Escola de Rock na escola primaria, Chanyeol interesouse na música e pronto comezou a tocar a batería.[3] Chanyeol, comezou a soñar con converterse nun cantante tras de escoitar Unconditional Kismet de Yoo Young-jin.[4] Cando era un estudante de primeiro curso da escola media, formou unha banda chamada "Heavy Noise" cos seus mellores amigos e tocou con eles durante uns tres anos.[5] Durante os seus primeiros anos de instituto, estivo imbolucrado na banda da súa escola, "Siren".
Chanyeol citou Jason Mraz e Eminem como as súas máis grandes influencias, aínda que na escola media era un gran seguidor de bandas de rock como Muse, Green Day, Nirvana, e X-Japan.[6]
Chanyeol converteuse nun aprendiz en SM Entertainment despois de gañar o segundo posto no Smart Model Contest de 2008. Mentres adestraba en S.M., comezou a centrarse no rap. Antes do seu debut, Chanyeol fixo cameos no vídeos musicais de TVXQ, "HaHaHa Song" e de Girls' Generation "Genie" en 2008 e 2010 respectivamente.
É actualmente un estudante de Administración de Cultura e Arte na Kyung Hee Cyber University xunto a compañeiros de Exo como Suho, Baekhyun, e Kai.[7]
Carreira
[editar | editar a fonte]2012 - 2014: comezos de carreira
[editar | editar a fonte]Chanyeol foi anunciado oficialmente como o derradeiro membro do grupo o 23 de febreiro de 2012. O grupo debutou oficialmente o 8 de abril de 2012.
En abril de 2012, apareceu no vídeo musical de Girls' Generation-TTS do sinxelo do seu debut "Twinkle".
En 2014, Chanyeol escribiu o rap para a versión coreana da canción "Run" do segundo disco de Exo Overdose e tamén apareceu nos discos de debut dos seus compañeiros do mesmo selo discográfico Henry e Zhou Mi. Converteuse nun membro do elenco dos realities televisivos da SBS: Law of the Jungle en Micronesia[8] e Roommate. Deixou Roommate en setembro por problemas de axenda.[9]
2015 - presente: actuación e composición
[editar | editar a fonte]En abril de 2015, Chanyeol fixo o seu debut na grande pantalla co filme surcoreano Salut d'Amour xunto coa actriz Moon Ga-young, quen posteriormente coprotagonizou o drama web Exo Next Door.[10] En xuño de 2015, Chanyeol, xunto cos seus compañeiros de Exo Chen e Lay, escribiu a versión coreana da canción "Promise" da reedición Love Me Right do segundo álbum de estudio de Exo, Exodus.[11] Máis tarde escribiu o rap de "Lightsaber", o sinxelo promocional para Star Wars: The Force Awakens, que foi posteriormente incluída no terceiro EP de Exo, Sing for you.
En abril de 2016, Chanyeol escribiu e interpretou o rap da canción "Confession" do álbum de debut de Yesung, Here I Am. No terceiro álbum de estudio de Exo Ex'Act, o cal foi lanzado en maio, coescribiu a letra da canción "Heaven". En xuño do mesmo ano, foi lanzado o filme coreano-chinés So I Married An Anti-fan, no cal Chanyeol desempeña o papel como protagonista masculino xunto coas actrices Yuan Shanshan e Seohyun. El e mais Yuan Shanshan tamén gravaron un dueto titulado "I Hate You" como tema principal do filme. En setembro, Chanyeol comezou a filmar a vindeira serie de televisión da MBC, Missing Nine. O 6 de outubro, Chanyeol e o cantante de R&B americano Tinashe foron anunciados como invitados na canción do grupo americano de hip hop Far East Movement e do músico americano Marshmello, "Freal Luv".
Discografía
[editar | editar a fonte]Cancións
[editar | editar a fonte]Título | Ano | Posicións de mapa do pico | Vendas (Descarga) |
Álbum | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
KOR Gaon [12] |
CHN Baidu [13] |
CHN
V Mapa |
US World [15] | ||||
Como artista principal | |||||||
"Delight" | 2014 | — | — | — | — |
|
Exology Chapter 1: The Lost Planet |
Colaboracións | |||||||
"If We Love Again"
(con Chen) |
2016 | 38 | — | — | — |
|
Two Yoo Project Sugar Man Part 32 |
Como artista invitado | |||||||
"Bad Girl"
(Henry con Chanyeol) |
2014 | 75 | 18 | — | — |
|
Fantastic |
"Rewind"
(Zhou Mi con Chanyeol) |
— | — | — | 5 | — | Rewind | |
"Don't Make Money"
(Heize con Chanyeol) |
2015 | 43 | — | — | — |
|
Unpretty Rapstar 2
Semi-final Part 1 |
"Confession"
(Yesung con Chanyeol) |
2016 | — | — | — | — | — | Here I Am |
"Freal Luv"
(Far East Movement e Marshmello con Chanyeol e Tinashe) |
6 | — | — | — |
|
Identity | |
Aparicións en bandas sonoras | |||||||
"Last Hunter" | 2016 | — | — | — | — | — | Law of the Jungle BSO |
"I Hate You"
(con Yuan Shanshan) |
— | — | 11 | — | — | So I Married an Anti-fan BSO | |
"Stay With Me"
(con Punch) |
3 | — | 12 | 3 |
|
Guardian: The Lonely and Great God BSO | |
"—" Denota lanzamentos que non foron listados ou que non se lanzaron nesa rexión. |
Créditos como escritor e compositor
[editar | editar a fonte]Ano | Álbum | Artista | Canción | Letras | Música | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Acreditado | Con | Acreditado | Con | ||||
2014 | Exo-K | "Run" | Rap | — | Non | — | |
2015 | Chanyeol | "Last Hunter" | Si | — | Si | — | |
— | "Who I Am" | Si | — | Si | — | ||
— | "Young Street" | Si | — | Si | — | ||
Heize ft. Chanyeol | "Don't Make Money" | Rap | — | Non | — | ||
Exo | "Promesa" (Versión Coreana) | Si | Chen & Lay | Non | — | ||
"Lightsaber" | Rap | — | Non | — | |||
2016 | — | Chanyeol | "You Are" | Si | — | Si | — |
Yesung | "Confession" | Rap | — | Non | — | ||
Exo | "Heaven" (Versión Coreana) | Si | Min Yeon-jae | Non | — | ||
"Heaven"
(Versión Chinesa) |
Si | Min Yeon-jae, Wang Jung-un | Non | — | |||
Far East Movement e Marshmello con Chanyeol e Tinashe | "Freal Luv" | Si | Kevin Nishimura, J. Roh, Virman Coquia, C. Comstock, Tinashe, William Phillips | Si | Kevin Nishimura, J. Roh, Virman Coquia, C. Comstock, Tinashe, William Phillips |
Filmografía
[editar | editar a fonte]Filmes
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2015 | Salut d'Amour | Min-sung | Personaxe secundario |
2016 | So I Married an Anti-fan | Hoo Joon | Protagonista |
Series de televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Rede | Función | Notas |
---|---|---|---|---|
2008 | High Kick! | KBS2 | Estudante de instituto | Cameo; Episodio 71 |
2012 | To The Beautiful You | SBS | El mesmo | Cameo; Episodio 2 |
2013 | Royal Villa | jTBC | ||
2015 | Exo Next Door | Naver TV Cast | Chanyeol | Protagonista |
2017 | Missing 9 | MBC | Lee Yeol | Personaxe secundario |
Presentador
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Función | Rede | Data(s) | Notas |
---|---|---|---|---|---|
2013 | Music Bank | MC especial | KBS | 7 de xuño de 2013 | Con Baekhyun |
12 de xullo de 2013 | Con D.O. | ||||
M!Countdown | Mnet | 1 de agosto de 2013 | Con Sulli | ||
Music Bank | KBS | 23 de agosto de 2013
6 de setembro de 2013 |
Con Baekhyun | ||
Show! Music Core | MBC | 5 de outubro de 2013 | |||
2014 | Music Bank en México | KBS | 12 de novembro de 2014 | Con Doojoon e Sungkyu | |
2015 | Show! Music Core | MBC | 2 de maio de 2015 | Con Hyeri & Choa | |
2016 | 16 de abril de 2016 | Con Zico | |||
18 de xuño de 2016 | Con Jooheon |
Aparicións en vídeos musicais
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Artista |
---|---|---|
2008 | "HaHaHa Song" | TVXQ |
2010 | "Genie" (Versión xaponesa) | Girls' Generation |
2012 | "Twinkle" | Girls' Generation-TTS |
2013 | "1-4-3 (I love you)"
(versión acústica) |
Henry Lau |
"You don't know love" | K.Will | |
2014 | "Hope" ((remake)) | H.O |
2015 | "Can you feel it?" | Donghae & Eunhyuk |
"12:25 (wishlist)" | f(x) | |
2016 | "I Hate You" | Chanyeol & Yuan Shanshan |
"Freal Luv" | Far East Movement e Marshmello con Chanyeol e Tinashe |
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Premio | Categoría | Candidato por | Resultado |
---|---|---|---|---|
2015 | 51.º Premios de Artes Baeksang | Actor máis popular (Filme) | Salut d'Amour | Candidato |
8º. Korean Drama Awards | Mellor Actor Novo | Exo Porta próxima | Gañou | |
Premio de estrela Hallyu | Gañou | |||
2016 | 16º. Top Chinese Music Awards[21] | Famoso estranxeiro máis popular | — | Gañou |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hwang Hyo-jin (1 de maio de 2012). "EXO-K: My name is 찬열, 백현" [EXO-K: O meu nome é Chanyeol, Baekhyun]. TenAsia (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2014. Consultado o 28 de xuño de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2017. Consultado o 11 de abril de 2017.
- ↑ "11 Cousas Que Nunca Soubeches Sobre o Talentoso Músico Chanyeol de EXO". Koreaboo (en inglés). 07 de decembro de 2015. Consultado o 09 de maio de 2016.
- ↑ "[V Report Plus] EXO escollen as súas cancións favoritas". kpopherald.koreaherald.com (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2016.
- ↑ Apps, Amino. "Coñece a Chanyeol de EXO". aminoapps.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2017. Consultado o 19 de xuño de 2016.
- ↑ Newsen (08 de maio de 2012). "Chanyeol de EXO-K adora sorrir" (en coreano). Consultado o 03 de xullo de 2013.
- ↑ deedeegii. "Suho, Chanyeol, e Baekhyun de EXO Admitiron Estar Inscritos na Universidade En Liña". Soompi. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 2016-05-09.
- ↑ "Chanyeol de EXO comparte o seu entusiasmo por unirse a 'Laws of the Jungle'". allkpop. Consultado o 2015-06-18.
- ↑ lovelymorning. "Chanyeol de EXO Deixará "Roommate" Debido a Problemas de Axenda". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 11 de setembro de 2014.
- ↑ "Chanyeol de EXO Debutará Como Actor Nunha Nova Película, Jang Joo Shop". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2014. Consultado o 21 de setembro de 2014.
- ↑ "EXO Revela Máis Detalles sobre Novas Reedicións de Álbums Antes do Lanzamento". Soompi. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2016. Consultado o 1 de xuño de 2015.
- ↑ "Gaon Download Chart". gaonchart.co.kr.
- ↑ "Baidu Music Chart". music.baidu.com.
- ↑ "China V Chart". Billboard.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2016. Consultado o 02 de xullo de 2016.
- ↑ "World Digital Songs : Páxina 1". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2016. Consultado o 16 de xullo de 2016.
- ↑ "Download Chart [1st Week of 2015 Download Chart]". Gaon Music Chart. Consultado o 17 de xuño de 2016.
- ↑ "Gaon Download Chart, Semana 22 - 2016". Gaon Music Chart. Korea Music Content Industry Association. Consultado o 03/06/2016.
- ↑ "Gaon Download Chart - Semana 30".
- ↑ Vendas acumulativas de "Don't Make Money":
- ↑ Vendas acumulativas de "Freal Luv":
- ↑ "EXO, Kangta, e Lee Soo Man levan premios nos "16th Top Chinese Music Awards" NCT U debuta na China / allkpop.com".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Park Chanyeol |