Parámetro estatístico
Un parámetro estatístico é un parámetro que clasifica unha distribución de probabilidade. Pode referirse a unha característica numérica dunha poboación estatística ou a un modelo estatístico.[1]
Na inferencia estatística os parámetros non son sempre observables, e a tarefa do estatístico é inferir o que poida deses parámetros a partir das observacións da variable aleatoria. Noutras ocasións os parámetros poden fixarse pola natureza do procedemento empregado, por exemplo, polo número de graos de liberdade nun contraste khi-cadrado.
Principais parámetros
[editar | editar a fonte]Os parámetros estatísticos adoitan dividirse nas seguintes categorías:
- Medidas de posición.[2]
- Artigo principal: parámetro de posición.
Trátase dos valores da variable estatística que se caracterizan pola posición que ocupan dentro do rango de valores posibles desta. Distínguense:
- As medidas de tendencia central: medias, moda e mediana.
- As medidas de posición non central: cuartís, decís e percentís.
- Medidas de dispersión.[3]
- Artigo principal: parámetro de escala.
Resumen a heteroxeneidade dos datos, o separados que están entre eles. Hai dous tipos:
- Medidas de dispersión absolutas, que veñen dadas nas mesmas unidades nas que se mide a variable: percorrido, desvío medio, varianza e desvío estándar.
- Medidas de dispersión relativas, que informan da dispersión en termos relativos: coeficiente de variación, coeficiente de apertura, percorrido relativo e índice de dispersión respecto da mediana.
- Medidas de forma.[4]
- Artigo principal: parámetro de forma.
O seu valor informa sobre o aspecto que ten a gráfica da distribución, como os coeficientes de asimetría e curtose.
- Outros parámetros.
Existen outros parámetros con propósitos máis específicos, como a proporción, o número índice, a taxa ou o coeficiente de Gini.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Everitt, B.S. (2002). CUP, ed. The Cambridge Dictionary of Statistics. ISBN 0-521-81099-X.
- ↑ Romero Villafranca, Rafael; Ramajo, Zúnica; Rosa, Luisa (2005). "2.6. Parámetros de posición". En Universidade Politécnica de Valencia. Métodos estadísticos en Ingeniería. Valencia. pp. 39–41. ISBN 8497057279. Consultado o 20 de abril de 2009.
- ↑ Microsoft Corporation, ed. (2009). "Medidas de Dispersión". Enciclopedia Microsoft® Encarta® Online. Consultado o 20 de abril de 2009.[Ligazón morta]
- ↑ Serret Moreno-Gil, Jaime (1998). "4.3. Parámetros de forma.". En ESIC. Procedimientos estadísticos. p. 81. ISBN 8473561716. Consultado o 20-4-2009.