Saltar ao contido

Panxaquent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPanxaquent
Панҷакент (tg) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 39°30′11″N 67°36′54″L / 39.5031, 67.615
EstadoTaxiquistán
Region of Tajikistan (en) TraducirProvincia de Sogdiana Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación33.000 (2000) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude996 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal735500 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
UTC 5 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data9 de novembro de 1999
Identificador1385

Ruínas preto de Panxaquent.

Panxaquent (en taxico Панҷакент; en persa پنجکنت; en ruso Пенджикент), (pode que apareza escrito Panjakent ou Panjikent, pero estas formas son calcos doutras linguas) é unha cidade na provincia de Sogdiana (Sughd), Taxiquistán sobre o río Zeravxán (Zeravshan), con 33.000 habitantes segundo o censo do ano 2000.

Panxaquent capital do Distrito do mesmo nome na provincia de Sogdiana (Sughd), do taxico Панҷакент e este do persa پنجکنت (Panjakent). Pode aparecer coma a denominación rusa Panjikent que vén do uzbeko.

As ruínas da cidade de Panxaquent atópanse na periferia da cidade que conserva o seu nome actual no Taxiquistán, a uns 10 km ao oeste da actual fronteira entre o Taxiquistán e o Uzbekistán, bastante próxima á célebre cidade hoxe uzbeka de Samarcanda (58,5 km ao leste da mesma), co seu centro na marxe esquerda (sur) do mesmo río que atravesa a Samarcanda: o río Kara, no estreito val do mesmo río ao pé do somonte setentrional dos montes Zeravxán (montes Zeravshan). As coordenadas xeográficas de Panxaquent son: 39°29′00″N 67°36′00″L / 39.48333, -67.60000 e a súa posición respecto á principal cidade de Taxiquistán, Duxambé, é de 144 km en liña recta ao NO, pero as rutas terrestres son moito máis prolongadas debido a que diversas cordilleiras separan a Panxaquent de Duxambé.

Nota Bene: A denominación máis frecuente que aparecen en moitas enciclopedias é Panjikand (en uzbeko) aínda que en taxico é máis usual a forma Panjakent, e desta lingua pois por tradición e cultura taxico-persa é de onde se toma a palabra en galego.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Belenitzky Alejandro. Archeologia Mundi, Asia Central (Barcelona, Ed.Juventud) 1972