A Panadaría
Aparencia
(Redirección desde «Panadaría Teatro»)
A Panadaría | |
---|---|
Tipo | compañía de teatro |
Data de fundación | 2013 |
Fundador(es) | Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman |
País | Galicia |
Na rede | |
https://apanadaria.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Panadaría é unha compañía de teatro galega creada en 2013 polas actrices e cantantes Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Nos seus anos de percorrido recibiu os seguintes galardóns: o 1º Premio Xuventude Crea en 2013[1], o Premio da Crítica Galicia na categoría de artes escénicas e audiovisuais en 2015[1] e o Premio María Casares ao mellor espectáculo por Elisa e Marcela en 2018. Unha das peculiaridades das súas producións é a ausencia de escenografía e de efectos sonoros dixitais, pois as bases musicais son producidas vocalmente polas actrices[2]. Dirixiu en 2016 e 2017 as galas dos Premios Martín Códax da Música[3][4].
Montaxes
[editar | editar a fonte]- Pan! Pan! (2013)
- Panamericana (2015)[5]
- Elisa e Marcela (2017)[6], coprodución co CDG. Premio do Público na MIT no ano 2018.[7]
- As que limpan. Premios María Casares 2023 ao mellor espectáculo, á mellor dirección (Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro), ao mellor texto orixinal (Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro) e á mellor actriz protagonista (Noelia Castro).[8]
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]2020 - Premio Begoña Caamaño[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "A Panadaría". Consultado o 17/04/2018.
- ↑ "Pan pan - Erregueté". Erregueté. 2014-11-06. Consultado o 2018-04-17.
Cun escenario completamente baleiro, sen efectos sonoros e cos poucos cambios de luces que lle son estritamente necesarios á evocación dos distintos ambientes [...] A aposta por renunciar a unha banda sonora pregravada ou a unha aparataxe escenográfica
- ↑ Músicos ao Vivo. "Sorpresas nunha gala centrada na diversidade". Arquivado dende o orixinal o 18/04/2018. Consultado o 17/04/2018.
- ↑ Músicos ao Vivo. "A gala dos IV PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA reivindicou o papel da muller e a presenza da música en todos os ámbitos da sociedade". Arquivado dende o orixinal o 17/04/2018. Consultado o 17/04/2018.
- ↑ "Panamericana". aaag.gal. Consultado o 2018-04-17.
- ↑ "Elisa e Marcela". aaag.gal. Consultado o 2018-04-17.
- ↑ "'Elisa e Marcela' da compañía A Panadaría leva o Premio do Público da MIT". Cultura Galega. 23 de xullo de 2018. Consultado o 6 de agosto de 2018.
- ↑ Marcos Pérez Pena (31 de marzo de 2023). "Os María Casares premian as mulleres "invisibles" con 'As que limpan' nunha gala que criticou a "falta de respecto" da CRTVG". Praza Pública. Consultado o 1 de abril de 2023.
- ↑ Reimóndez, María. "Panadeiras!". Nós Diario. Consultado o 2020-10-21.