Palma
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Baleares | ||||
Illa | Mallorca | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 423.350 (2023) (2.029,19 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 208,63 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 13 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Santo padrón | Sebastián e Nossa Senhora da Saúde (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jaime Martínez Llabrés (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 07000–07099 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 07040 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | palma.es |
Palma[1], tamén coñecida como Palma de Mallorca ou localmente como Ciutat, é unha cidade e concello insular español, capital da comunidade autónoma das Illas Baleares e da illa de Mallorca.
Ocupa unha superficie de 208,63 km², situada a beiras do mar Mediterráneo, na costa suroeste da illa, no centro da baía de Palma. Cunha poboación de 416.065 habitantes en 2019, é a oitava cidade de España en número de habitantes e a primeira das Illas Baleares. A súa área metropolitana engloba nove concellos que abranguen 560.240 habitantes repartidos nunha superficie de 1.015,88 km².
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade foi fundada polo cónsul romano Quinto Cecilio Metelo o ano 123 aC. Durante o período islámico denomínase Madina Mayurqa. Co rei Xaime I chámase Mallorca. Co Decreto de Nova Planta recuperou oficialmente o nome romano, que, tamén oficialmente, no século XIX, se transformou en Palma de Mallorca; desde 1998 é oficialmente só Palma. Por antonomasia tradicionalmente os mallorquinos denomínana simplemente La Ciutat (A Cidade).
Xeografía
[editar | editar a fonte]O termo municipal de Palma ten unha superficie de 208,63 km² e limita cos termos de Calvià, Puigpunyent, Esporles, Valldemossa, Bunyola, Marratxí, Santa Eugènia, Algaida, Llucmajor e o mar Mediterráneo.
Corresponde ao termo municipal de Palma o arquipélago de Cabrera, formado polas illas de Cabrera, Conillera, els Estells, l'Imperial, Na Rodona, Na Foradada, Na Plana, Na Pobla e outros illotes menores.
Atópase situada no sector occidental da illa de Mallorca, quedando situada entre as comarcas naturais da Serra de Tramuntana, a cal presenta un relevo accidentado definido por aliñacións de dirección nordés-suroeste e polo Pla de Mallorca.
Distritos
[editar | editar a fonte]A causa da aplicación da Lei de grandes cidades, desde marzo de 2005 Palma está dividida en cinco distritos:
Clima
[editar | editar a fonte]Palma goza de clima mediterráneo cunha temperatura media anual de 17 °C e unha media anual de precipitacións de 450 l/m².
1971-2000 | xan | feb | mar | abr | mai | xuñ | xul | ago | set | out | nov | dec | TOTAL |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Temp. máxima (°C) | 15,1 | 15,5 | 17,1 | 19,2 | 23,3 | 27,4 | 30,8 | 31,0 | 27,7 | 23,2 | 18,8 | 16,1 | 22,1 |
Temp. mínima (°C) | 3,5 | 3,8 | 4,5 | 6,5 | 10,5 | 14,6 | 17,3 | 18,2 | 15,9 | 12,2 | 7,6 | 5,2 | 10,0 |
Precipitacións (mm) | 36 | 32 | 28 | 34 | 27 | 16 | 7 | 16 | 48 | 68 | 48 | 46 | 410 |
Demografía
[editar | editar a fonte]Cunha poboación de 400.578 habitantes (INE 2015), é a cidade máis poboada de Mallorca e das Illas Baleares, así como a oitava cidade en poboación de España.
Evolución da poboación de Palma entre 1900 e 2010[2] |
---|
Gráfica elaborada por Wikipedia en base aos datos do INE-2010 |
Economía
[editar | editar a fonte]Os dous principais motores da economía son o turismo e a construción, que relegaron a un segundo plano á industria e ao sector primario (agricultura, gandería, pesca, minería). As industrias de hotelería atópanse entre as primeiras de España e ata do mundo enteiro. As zonas que concentran maior número de turistas son a praia de Palma e o centro da cidade.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Catedral de Mallorca
- Castelo de Bellver
- Convento de Sant Francesc
- Igrexa de Santa Eulària
- Igrexa de Sant Miquel
- Praza Maior
- Pazo da Almudaina
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística (INE) España (ed.). "Series históricas de poboación". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2011. Consultado o 7 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palma |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Concello de Palma (en catalán)
- Información do Instituto Balear de Estadística Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
- Información de Eventos e Noticias de Mallorca (en castelán)