Saltar ao contido

Palaeovespa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Palaeovespa
Rango fósil: OligocenoEoceno
61,7 - 33,9 Ma.[1]

Palaeovespa florissantia
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Suborde: Apocrita
Superfamilia: Vespoidea
Familia: Vespidae
Subfamilia: Vespinae
Tribo: Vespini
Xénero: † Palaeovespa
Cockerell, 1906
Especies
Véxase o texto

Palaeovespa é un xénero extinto de insectos himenópteros da suborde dos apócritos, familia dos véspidos, subfamilia dos vespinos e tribo dos Vespini.[2][3][4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1906 polo zoólogo estadounidense, nado en Inglaterra, Theodore Dru Alison Cockerell.[2][3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Palaeovespa está formado polos elementos Palaeo- e -vespa. O primeiro é un prefixo tirado do grego antigo παλαιός palaiós, "vello", e o segundo do nome do xénro Vespa. Literalmente, "as avespas antigas".

Dentro do xénero, o GBIF recoñece as seguines especies:[3]

  • † Palaeovespa baltica Cockerell, 1909
  • Palaeovespa florissantia Cockerell, 1906 (a especie tipo)[1]
  • † Palaeovespa gilletei Cockerell, 1906
  • † Palaeovespa relecta Cockerell, 1923
  • † Palaeovespa scudderi Cockerell, 1906
  • † Palaeovespa socialis Poinar, 2005
  • † Palaeovespa wilsoni Cockerell, 1915

Porén, en Fossilworks engádese unha máis:[1]

  • † Paleovespa menatensis Nel & Auvray 2006
  1. 1,0 1,1 1,2 † Palaeovespa Cockerell 1906 Arquivado 31 de xullo de 2014 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  2. 2,0 2,1 † Palaeovespa Cockerell, 1906 en BioLib.
  3. 3,0 3,1 3,2 Palaeovespa Cockerell, 1906 no GBIF.
  4. Poinar, G. (2005). "Fossil Trigonalidae and Vespidae (Hymenoptera) in Baltic amber". Proceedings of the Entomological Society of Washington 107 (1): 55–63.