Saltar ao contido

Paeoniaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Este artigo trata sobre un xénero de plantas, para o asteroide véxase 1061 Paeonia.
Peoniáceas - Paeoniaceae (xénero Paeonia)

Paeonia mascula en Otto Wilhelm Thomé, 1885
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Saxifragales
Familia: Paeoniaceae
Raf., 1815, nom. cons.
Xénero: Paeonia
L., 1753 [1]
Especies

Véxase no texto

As peoniáceas[1] (Paeoniaceae) constitúen unha familia monoxenérica de plantas dicotoledóneas rizomatosas orixinarias de diversas rexións de Europa, Extremo Oriente (especialmente da China) e de América do Norte, usualmente chamadas de peonias.

Paeonia, o único xénero da familia, comporta unhas 40 especies aceptadas, das 170 descritas. Tamén están aceptados uns 20 taxons infra-específicos dos 230 descritos.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Plantas herbáceas perennes (na península Ibérica) ou arbustivas. Follas pinnadas (follas formadas por folículos dispostos como as barbas dunha pluma) alternas, de cor verde claro ou escura, ás veces prateadas, máis ou menos divididas, sen estípulas. Flores solitarias e terminais, algunhas fragantes, hermafroditas, actinomorfas, 3-6 sépalos ceibos, 5 a 10 pétalos papíraceos grandes de diversas cores (branca, amarela, vermella); androceo con numerosos estames a estaminodios (ou estame estéril. Xineceo apocárpico súpero con 2 o 5 carpelos ceibos. Froitos en polifolículos, de dous a sete, carnosos con numerosas sementes arredondadas con arilo (sarcotesta) en principio arroibadas que se tornan negras despois.

As peonias herbáceas (vivaces) son diferentes das peonias arbustivas (ou peonias de árbore):

  • As peonías herbáceas desaparecen cada inverno e reaparecen na primavera. Son de cultivo doado, moi rústicas e ofrecen unha floración incomparábel. A especie máis común é a Paeonia lactiflora, chamada "peonia da China", exhibe un gran número de variedades, a cada cal máis atractiva e diferentes entre si. As flores son de formas simples, semi-duplas ou duplas.
  • As peonias arbustivas forman pequenos arbustos que non superan os 2 m de alto. Entre as peonias arbustivas as especies lutea de flores amarelas e suffruticosa (de grandes flores que van do rosa ao vermello), que deron lugar á aparición das peonias lemoinei híbridas e con numerosas formas de flores de cores moi variadas.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Son propias das rexións temperadas do hemisferio Norte. En América do Norte e Eurasia até a China, onde existen numerosas especies. En Europa esténdense dende Portugal ata Grecia.

Cultívanse en xardinaxe pola beleza das súas flores. Predominan as especies Paeonia broteri ou "rosa albardeira" de follas pinnadas e flores rosadas; P. peregrina; P. moutan de flores brancas; P. officinalis de flores rosadas e raíz laxante e P. coriacea.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

As peonias estiveron asociadas, durante moito tempo, á familia das Ranunculáceas, mais o xénero Paeonia presentaba numerosas diferenzas co resto desta familia e, polo tanto, nos anos cincuenta creouse unha familia distinta: as Paeoniaceae. A Clasificación filoxenética sitúa esta familia na orde das Saxifragas.

Etimoloxía

Paeonia: nome xenérico en honra de Peon, o médico dos deuses que aparece mencionado na Ilíada e na Odisea de Homero. Sandou a Ares cando foi ferido por Diómedes durante a guerra de Troia; tamén se menciona unha curación anterior que lle fixo a Hades dunha seta guindada por Heracles en Pilos.[3]

Tamén en Plinio o Vello, libro 25, X, 1, que a recomenda contra «os pesadelos provocadas polos Faunos.»[4] [5]

Paeonia suffruticosa.
Paeonia lactiflora.

As especies aceptadas da familia Paeoniaceae inclúen:[2]

  • Especies herbáceas (unhas 31 aceptadas)
Paeonia anomala L.
Paeonia arietina G.Anderson
Paeonia × baokangensis Z.L.Dai & T.Hong
Paeonia broteri Boiss. et Reut. (en forestas caducifolias).
Paeonia brownii
Paeonia californica
Paeonia cambessedesii (Willk.) Willk.
Paeonia clusii
Paeonia coriacea Boiss.
Paeonia corsica Sieber ex Tausch
Paeonia daurica Andrews
Paeonia emodi
Paeonia intermedia
Paeonia japonica ( sinónimo Paeonia obovata)
Paeonia kesrouanensis
Paeonia lactiflora
Paeonia macrophylla
Paeonia mairei
Paeonia mascula
Paeonia mlokosewitschii
Paeonia obovata
Paeonia officinalis L. endémica peninsular (SO e Portugal)
Paeonia parnassica
Paeonia peregrina
Paeonia rhodia
Paeonia sterniana
Paeonia tenuifolia
Paeonia veitchii
Paeonia saueri D.Y.Hong, Xiao Q.Wang & D.M.Zhang
Paeonia × saundersii Stebbins
Paeonia × yananensis T.Hong & M.R.Li
  • Especies leñosas (8 aceptadas):
Vaíñas de froitos de Paeonia officinalis.
Paeonia decomposita
Paeonia delavayi
Paeonia jishanensis sinónimo Paeonia spontanea)
Paeonia ludlowii
Paeonia ostii
Paeonia qiui
Paeonia rockii
Paeonia x suffruticosa

Na Península Ibérica están presentes os seguintes táxones:

Simbolismo e usos

[editar | editar a fonte]

A peonia está entre as flores máis amplamente usadas na cultura ornamental e é unha das criaturas viventes máis pequenas que son usadas como emblema na China. Xunto co frescor da ameixa, é un símbolo floral tradicional da China, onde é chamada 牡丹 (mǔ dān). En 1903, a Dinastía Qing declarou a peonia como a flor nacional. Actualmente, a República da China en Taiwán designa a louzanía da ameixa coma a flor nacional, mentres a República Popular da China non ten flor nacional ningunha legalmente designada. En 1994, a peonia propúxose coma a flor nacional despois dunha votación nacional, mais o Congreso Popular Nacional non ratificou a selección. En 2003, outro proceso de selección empezouse porén, á data de hoxe, non se ten feito elección ningunha.

A famosa cidade chinesa de Luoyang ten unha respectada reputación como un centro de cultivo para as peonias. Ao longo da historia chinesa, disque as peonias en Luoyang son as máis finas do país. Tamén se sostén alí anualmente ducias de exhibicións e mostras de peonias. Na vila chinesa sempre se asociou á beleza feminina.

Paeonia rockii.

No Xapón, a Paeonia lactiflora chámase comunmente ebisugusuri (“menciña estranxeira”). No kampo (a adaptación xaponesa de medicina chinesa), a súa raíz usouse coma un tratamento para as convulsións. Tamén é cultivada como planta de xardín. No Xapón disque as persoas chinesas chaman á Paeonia lactiflora o “primeiro ministro” de flores.

A pronunciación de 牡丹 (peonia) en xaponés é “botan”. Antes do período Meiji, raramente se consumiu carne tomada de cuadrúpedes no Xapón por mor do budismo, mais nos casos nos que se consumiu ou debeu ser usada se parafraseou con nomes de flores. O termo “botan” foi usado (e aínda se usa) para a carne de xabaril. Isto vén da semellanza florida da carne rebandada cando se estendeu enriba dun prato. Outro exemplo é “sakura” (flor da cerdeira xaponesa) que se usaba para a carne de cabalo.

En 1957, a Asemblea Xeral de Indiana pasou unha lei para facer que a flor estatal de Indiana fose a peonia, un título que sostén até o momento.

As peonías son extensivamente cultivadas como plantas ornamentais polas súas flores moi grandes e o seu agradábel ulido. O néctar que se forma por fóra dos seu gomos adoita atraer as formigas.

En España existe a crenza de que cando se cheira a súa flor produce dor de cabeza.,[7] e Plinio o Vello, libro 25, X, 1, recoendábaa contra «os pesadelos provocados polos Faunos.»[4] [5]

  1. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1885670&sinom=0 |título=Nome vulgar galego en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=03 de agosto de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20150924081018/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1885670&sinom=0 |dataarquivo=24 de setembro de 2015 |urlmorta=yes }}
  2. 2,0 2,1 Paeonia en The Plant List
  3. En Nombres Botánicos
  4. 4,0 4,1 Pliny the Elder: the Natural History - liber XXV, X, 29
  5. 5,0 5,1 Pline l'Ancien - Histoire Naturelle, tome 2, livre XXV, X, 1 - Traduction française : É. Littré
  6. "Anthos, RJB/CSIC, Madrid". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2015. Consultado o 03 de agosto de 2015. 
  7. Revista Natura nº 14, maio de 1984

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]