Pablo José Taboada Camoira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1971 (53 anos) |
Alcalde de Palas de Rei | |
2011 – ← Fernando Pensado | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | político |
Pablo José Taboada Camoira, nado o 19 de setembro de 1971, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Empresariais na Universidade da Coruña. É funcionario do concello de Palas de Rei dende 1995 onde foi policía municipal. Foi primeiro tenente de alcalde en Palas de Rei polo PPdeG a partir de 2007.[1] Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Palas de Rei e foi elixido alcalde con maioría absoluta, ó igual que nas seguintes eleccións de 2015.[2]
En xullo de 2017 foi condenado, xunto co seu precedesor Fernando Pensado, a 15 meses de prisión e a 9 anos de inhabilitación por acoso acoso laboral á anterior secretaria municipal tras haber denunciado esta o caso en 2011.[3] Tras presentar un recurso ante o Tribunal Supremo, en xaneiro de 2019 a condena foi revogada,[4] polo que puido concorrer de novo como candidato do PPdeG nas municipais dese mesmo ano e volveu a ser reelixido alcalde por maioría absoluta.[5] Nese mandato foi designado deputado provincial. Nas municipais de 2023 foi novamente reelixido por maioría absoluta.
Predecesor: Fernando Pensado |
Alcalde de Palas de Rei 2011 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Louzán repesca como candidata en Mos a la alcaldesa tránsfuga", artigo en El País, 5 de maio de 2011 (en castelán).
- ↑ "PABLO TABOADA ELEXIDO ALCALDE DE PALAS DE REI". concellopalasderei.es. Consultado o 14-9-2019.
- ↑ E.G.S. (2017-07-20). "El alcalde de Palas de Rei, inhabilitado por 9 años y condenado a 15 meses de prisión por el caso de la secretaria municipal". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-12-20.
- ↑ Lois, Elisa (2019-01-10). "El Supremo revoca la condena por acoso del alcalde de Palas de Rei a la secretaria municipal". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-12-20.
- ↑ "Saúdo do Alcalde". concellopalasderei.es. Consultado o 14-9-2019.