Owen Jones (escritor)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de agosto de 1984 (40 anos) Sheffield, Reino Unido |
Relixión | Ateísmo |
Educación | University College (pt) Bramhall High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, xornalista de opinión, activista político, youtubeiro, escritor, columnista, comentarista político |
Empregador | The Guardian Le Monde diplomatique British Broadcasting Corporation Sky News (pt) Sunday Mirror (en) The Independent New Statesman (pt) BBC One |
Partido político | Partido Laborista (–2024) |
Participou en | |
18 de maio de 2019 | Carta aberta aos vizinhos e vizinhas de Barcelona em apoio a Ada Colau (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Owen Jones, nado en Sheffield o 8 de agosto de 1984, é un autor, columnista e activista político británico. É un columnista adoito de The Guardian, e dende 2015 para New Statesman.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jones naceu en Sheffield e criouse en Stockport, Gran Manchester,[1] e brevemente en Falkirk, Escocia.[2] É fillo dun traballador da autoridade local e dunha mestra. Foi á Bramhall High School e ó Cheadle and Marple Sixth Form College para máis tarde asistir á University College de Oxford, onde estudou historia e conseguiu un Master of Arts en historia dos Estados Unidos de América.[3] Antes de converterse en xornalista e escritor desempeñou labores de investigación e exerceu como sindicalista.[4] Jones declárase homosexual[5] e reside en Londres. O autor, un dos máis influentes da esquerda no Reino Unido,[6] é feminista[7] e republicano.[8] Jones cre que a monarquía británica debe ser abolida.[9]
Obra
[editar | editar a fonte]- 2011 - Chavs: The Demonization of the Working Class
- 2014 - The Establishment: And how they get away with it, Ed. Allen Lane
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Who the hell is Owen Jones?" (en inglés). 2010. Consultado o 20 de febreiro de 2013.
- ↑ The Independent, ed. (5 de febreiro de 2014). "Owen Jones: What a fairer Scotland would look like". Londres. Consultado o 27 de agosto de 2014.
- ↑ Owen Jones (2011). "David Higham Literary, Film and TV Agents" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2011. Consultado o 20 de febreiro de 2013.
- ↑ Time to abolish Oxbridge? (2011). "The Oxford Student" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2013.
- ↑ Jones, Owen (28 de xullo de 2011). "A Warning Shot". Next Generation Labour (publisher). Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2015. Consultado o 24 de febreiro de 2014.
- ↑ "Owen Jones: "O perigo de que Podemos non gañe é a dereita xenófoba"". El Progreso de Lugo. 14 de decembro de 2015. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Owen Jones (24 de febreiro de 2015). "Why more men should fight for women’s rights". The Guardian (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ "I'm a republican.". Twitter (en inglés). 8 de febreiro de 2015. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Aurora Bosotti (22 de agosto de 2017). "'Prince William should stand for election' Fury as Owen Jones suggests ABOLISHING monarchy". Daily Express (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Owen Jones |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigos en The IndependentArquivado 16 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.. (en inglés)
- Artigos en The Guardian. (en inglés)
- Artigos en New Statesman. (en inglés)
- Perfil para Verso Books. (en inglés)