Saltar ao contido

Organización de Nacións e Pobos Non Representados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Organización de Nacións e Pobos Non Representados
Logo
AcrónimoUNPO e ОНН
Tipoorganización internacional
Data de fundación11 de febreiro de 1991
PremiosPremio Petra Kelly
SedeA Haia
Na rede
https://unpo.org
Facebook: UNPOintl Twitter: UNPOintl Instagram: unpointl Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Organización de Nacións e Pobos Non Representados (coñecida en inglés: Unrepresented Nations and Peoples Organization; UNPO) é unha organización internacional estabelecida para dar visibilidade a pobos e nacións non representados ou marxinalizados do mundo. Foi creada o 11 de febreiro de 1991[1][2] na Haia (Países Baixos). Os seus membros son pobos indíxenas, estados non recoñecidos, minorías étnicas, territorios ocupados e demais grupos sen representación internacional.

A Organización de Nacións e Pobos Non Representados traballa para desenvolver a comprensión e o respecto polo dereito de autodeterminación, achegando asesoramento e apoio relacionados con cuestións de recoñecemento internacional e autonomía política, capacitando a grupos sobre como defender as súas causas de maneira efectiva e avogando directamente por unha resposta internacional ás violacións dos dereitos humanos contra membros do grupo. Algúns antigos membros, como Armenia, Timor Leste, Estonia, Letonia, Xeorxia e Palau, conseguiron a independencia e son membros das Nacións Unidas.[3][4]

Principios

[editar | editar a fonte]

A Carta da UNPO estabelece os cinco principios centrais da organización:

  • Non-violencia: os membros da UNPO deben resolver os seus conflitos de modo pacífico, rexeitando calquera uso do terrorismo.
  • Autodeterminación: os integrantes concordan que os pobos teñen igual dereito ao autogoberno.
  • Democracia: as entidades presentes na UNPO deben necesariamente ser democráticas e tolerantes.
  • Ecoloxismo: o respecto ao medio ambiente é unha política obrigatoria.
  • Dereitos humanos: as nacións da UNPO aceptan seguir os tratados e declaracións que protexen os dereitos do ser humano.

Tódolos membros deben asinar e acatar o Pacto da UNPO.[5] Os membros do UNpo deben ser non-violentos.[6]

A continuación amósanse os membros actuais da UNPO.[7]

Os membros orixinais aparecen salientados cun fondo rosa e en letra grosa.

Membro Data de unión Representado por Ref
Abkhazia 6 de agosto de 1991 Ministerio de Asuntos Exteriores de Abkhazia [8]
Aceh 11 de febreiro de 1991 Fronte de Liberación Nacional de Aceh-Sumatra [9]
Acerbaixán iraniano 2 de febreiro de 2007 Partido Democrático de Acerbaixán do Sur [10]
Pobo afrikaans 15 de maio de 2015 Fronte da Liberdade Plus [11]
Ahwazi 14 de novembro de 2003 Partido de Solidariedade Democrática de Ahwaz [12]
Pobo asirio 6 de agosto de 1991 Alianza Asiria Universal [13]
Baluchistán 1 de marzo de 2008 Partido Nacional de Baluchistán [14]
Baluchistán Occidental 26 de xuño de 2015 Partido Nacional de Baluchistán [15]
Barotseland 23 de novembro de 2013 Alianza da Liberdade Nacional Barotse [16]
Pobo bellah 6 de xuño de 2017 Asociación Maliana pola Preservación da Cultura Bellah [17]
Biafra Biafra 31 de xullo de 2020 Movemento para a Actualización do Estado Soberano de Biafra [18][19]
Bretaña Bretaña 8 de xuño de 2015 Kelc’h An Dael [20]
Cabilia 6 de xuño de 2017 MAK-Anavad [21]
Cataluña Cataluña 14 de decembro de 2018 Assemblea Nacional Catalana [22]
Outeiros de Chittagong 6 de agosto de 1991 Parbatya Chattagram Jana Samhati Samiti [23]
Distrito de Columbia (Washington, DC) 4 de decembro de 2015 Delegación do Congreso do Movemento polo estado de D.C. [24]
Pobo tártaro de Crimea 22 de febreiro de 1991 Milli Mejlis [25]
Gilgit-Baltistán 20 de setembro de 2008 Alianza Democrática de Gilgit-Baltistán [26]
Guam Guam 31 de xullo de 2020 Goberno de Guam [18][19]
Pobo haratin 18 de setembro de 2011 Initiative de Résurgence du Mouvement Abolitionniste en Mauritanie [27]
Pobo hmong 2 de febreiro de 2007 Congreso Mundial do Pobo Hmong [28]
Kurdistán iraniano 2 de febreiro de 2007 Partido Democrático do Kurdistán Iraniano e Partido Komala do Kurdistán Iraniano [29]
Khmer Krom 15 de xullo de 2001 Federación dos Khmers Kampuchea-Krom [30]
Pobo lezguio 7 de xullo de 2012 Autonomía Nacional e Cultural Federal Lezguia [31]
Madhesh 14 de outubro de 2017 Alianza polo Madhesh Independente [32]
Molucas do Sur 6 de agosto de 1991 República das Molucas do Sur [33]
Mongolia Interior 2 de febreiro de 2007 Centro de Información dos Dereitos Humanos de Mongolia Interior [34]
Nagaland 23 de xaneiro de 1993 Consello Nacional Socialista de Nagaland [35]
Ogaden 6 de febreiro de 2010 Fronte de Liberación Nacional de Ogaden [36]
Pobo ogoni 19 de xaneiro de 1993 Movemento pola Supervivencia do Pobo Ogoni [37]
Pobo oromo 19 de decembro de 2004 Fronte de Liberación Oromo [38]
Rehoboth Basters 2 de febreiro de 2007 Consello de Capitáns [39]
River Races de Zambesia 31 de xullo de 2020 Movemento para a Supervivencia dos River Races de Zambesia [18][19]
Savoia 15 de xullo de 2014 Goberno Provisional do Estado de Savoia [40]
Sindhudesh 19 de xaneiro de 2002 Instituro Mundial Sindhi [41]
Somalilandia Somalilandia 19 de febreiro de 2004 Goberno de Somaliland [42]
Sulu 5 de xaneiro de 2015 Fundación Sulu de Nove Tribos Étnicas [43]
Taiwán Taiwán 11 de febreiro de 1991 Fundación Taiwán pola Democracia [44]
Tíbet 11 de febreiro de 1991 Administració Central Tibetana [45]
Togolandia Occidental 2017 Fundación do Grupo de Estudo da Patria [46]
Turquestán Oriental 11 de febreiro de 1991 Congreso Mundial Uigur [47]
Pobo yoruba 31 de xullo de 2020 Ilana Omo Oodua [18][19]

Secretarios xerais[48]

Nome Termo
Países Baixos Michael van Walt van Praag (Países Baixos) 1991–1998
Tsering Jampa (Tíbet) 1997–1998
Helen S. Corbett (Aborixes australianos) 1998–1999
Erkin Alptekin (Uigures) 1999–2003
Italia Marino Busdachin (Italia) 2003–2018
Estados Unidos Ralph J. Bunche III (Estados Unidos) 2018–presente

Director executivo

Presidentes da Asemblea Xeral

  • Linnart Mäll – (Estonia) 1991–1993
  • Erkin Alptekin – (Uigures) 1993–1997
  • Seif Sharif Hamad – (Zanzíbar) 1997–2001
  • John J. Nimrod – (Asirios) 2001–2005
  • Göran Hansson – (Scania) 2005–2006
  • Ledum Mitee – (Ogoni) 2006–2010
  • Ngawang Choephel Drakmargyapon – 2010–2017
  • Nasser Boladai (dende 2017)
  1. "UNPO World Statesman.org". Worldstatesman. Consultado o 7 de febreiro de 2012. 
  2. "About UNPO". UNPO. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 7 de febreiro de 2012. 
  3. Barbara Crossette, Those Knocking, Unheeded, at UN's Doors Find Champion, New York Times, 18 de decembro de 1994.
  4. Tishkov, Valerie, An Anthropology of NGOs Arquivado 29 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., Eurozine, xullo de 2008
  5. "UNPO: UNPO Covenant". unpo.org. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2019. Consultado o 21 de decembro de 2019. 
  6. Bob, Clifford (2005). The Marketing of Rebellion: Insurgents, Media, and International Activism. Cambridge University Press. pp. 47–48, 76–77. 
  7. "Members". UNPO. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2019. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  8. "UNPO: Abkhazia". unpo.org. 16 de febreiro de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  9. "UNPO: Acheh". unpo.org. 19 de xaneiro de 2018. Consultado o 24 de outubro de 2019. 
  10. "UNPO: Southern Azerbaijan". unpo.org. 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  11. "UNPO: Afrikaners". unpo.org. 28 de xullo de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  12. "UNPO: Ahwazi". unpo.org. 9 de novembro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  13. "UNPO: Assyria". unpo.org. 19 de xaneiro de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  14. "UNPO: Balochistan". unpo.org. 5 de abril de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  15. "UNPO: West Balochistan". unpo.org. 22 de agosto de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  16. "UNPO: Barotseland". unpo.org. 18 de agosto de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  17. "UNPO: Bellah People". unpo.org. 6 de xullo de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 "UNPO Welcomes 5 New Members!". unpo.org. 3 de agosto de 2020. Consultado o 7 de agosto de 2020. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 "Guam: Territory to be Inducted into UNPO". unpo.org. 31 de xullo de 2020. Consultado o 7 de agosto de 2020. 
  20. "UNPO: Brittany". unpo.org. 8 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  21. "UNPO: Kabylia". unpo.org. 6 de xullo de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  22. "UNPO: UNPO Welcomes the Assemblea Nacional Catalana as its Newest Member". unpo.org. 10 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019. 
  23. "UNPO: Chittagong Hill Tracts". unpo.org. 31 de maio de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  24. "UNPO: District of Columbia (Washington, DC)". unpo.org. 4 de decembro de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  25. "UNPO: Crimean Tatars". unpo.org. 19 de outubro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  26. "UNPO: Gilgit Baltistan". unpo.org. 11 de setembro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  27. "UNPO: Haratin". unpo.org. 10 de abril de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  28. "UNPO: Hmong". unpo.org. 17 de xullo de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  29. "UNPO: Iranian Kurdistan". unpo.org. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  30. "UNPO: Khmer-Krom". unpo.org. 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  31. "UNPO: Lezghin". unpo.org. 19 de outubro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  32. "UNPO: Madhesh". unpo.org. 31 de outubro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  33. "UNPO: South Moluccas". unpo.org. 25 de marzo de 2008. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  34. "UNPO: Southern Mongolia". unpo.org. 25 de marzo de 2008. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  35. "UNPO: Nagalim". unpo.org. 17 de setembro de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  36. "UNPO: Ogaden". unpo.org. 12 de febreiro de 2010. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  37. "UNPO: Ogoni". unpo.org. 11 de setembro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  38. "UNPO: Oromo". unpo.org. 12 de febreiro de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  39. "UNPO: Rehoboth Basters". unpo.org. 11 de febreiro de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  40. "UNPO: Savoy". unpo.org. 8 de xulllo de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  41. "UNPO: Sindh". unpo.org. 6 de febreiro de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  42. "UNPO: Somaliland". unpo.org. 1 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  43. "UNPO: Sulu". unpo.org. 5 de xaneiro de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  44. "UNPO: Taiwan". unpo.org. 19 de xullo de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  45. "UNPO: Tibet". unpo.org. 23 de maio de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  46. "UNPO: Western Togoland". unpo.org. 15 de novembro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  47. "UNPO: East Turkestan". unpo.org. 16 de decembro de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  48. "Worldstatesmen International Organizations". Worldstatesman. Consultado o 9 de xullo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]