Saltar ao contido

Orfeo negro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Orfeo negro
Ficha técnica
Título orixinalOrfeu Negro
DirectorMarcel Camus
ProdutorSacha Gordine
GuiónMarcel Camus
Vinícius de Moraes
Jacques Viot
IntérpretesMarpessa Dawn
Breno Mello
MúsicaLuiz Bonfá
Antônio Carlos Jobim
João Gilberto
FotografíaJean Bourgoin
MontaxeAndrée Feix
EstudioDispat Films (FR)
Gemma (IT)
Tupan Filmes (BR)
Estrea12 de xuño de 1959
Duración107 minutos
Orixe Brasil
Francia
Italia Italia
Recadación750 000 (recadación nos Estados Unidos)[1]
Na rede
IMDB: tt0053146 Filmaffinity: 172778 Allocine: 261 Rottentomatoes: m/black_orpheus Allmovie: v5910 TCM: 68912 Metacritic: movie/black-orpheus TV.com: movies/black-orpheus BNE: XX4154664 Netlix: 19599610 Editar o valor en Wikidata

Orfeo negro (en portugués: Orfeu Negro) é un filme de 1959 coproducido entre Francia, o Brasil e Italia dirixido polo director de cinema francés Marcel Camus. Foi rodado en Río de Xaneiro e contribuíu a volver mundialmente famosa a música popular brasileira. Antônio Carlos Jobim e Luiz Bonfá son os autores dos dous temas principais da música que chegaron a ser clásicos da bossa nova e do jazz, A felicidade, de Jobim, e Manhã de Carnaval, de Bonfá.

O filme baséase na obra teatral de 1954 Orfeu da Conceição, do poeta e músico Vinícius de Moraes, e constitúe unha adaptación do mito de Orfeo ao ambiente do carnaval brasileiro.

Foi emitido na TVG o 29 de agosto de 1986.[2]

Argumento

[editar | editar a fonte]

A bela Eurídice chega ó Río de Xaneiro en vésperas do seu célebre entroido, onde é acollida por unha prima que vive nunha favela da cidade. Achégase aló entre o frenesí da samba polas rúas, nun tranvía conducido por un músico chamado Orfeo, heroe popular do lugar polo poder de sedución das súas cancións, e que se fixa nos seus encantos. A paixón mergullaraos no transo vertixinoso do entroido, que á súa vez os arrastrará a un desenlace fatídico. Como no mito grego, Orfeo, aínda que é capaz de facer levantarse o sol coa súa música e canto, e de embelesar todos os que o ouven, non consegue realizar o seu amor.

Breno Mello era un xogador de fútbol sen experiencia na interpretación cando foi escollido para o papel de Orfeo.[3] Ía camiñando pola rúa no Río de Xaneiro cando o director Marcel Camus o parou e preguntoulle se lle gustaría aparecer nun filme.[4] Da Silva, que interpreta a Morte, foi un atleta de triplo salto que gañou dúas medallas olímpicas en 1952 e 1956.[5]

Marpessa Dawn non era brasileira, senón de Pittsburgh, Pensilvania.[6]

Orfeo negro gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cine de Cannes en 1959[7] e o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa representando a Francia.[8] Tamén gañou o Globo de Ouro e o BAFTA ao mellor filme en lingua non inglesa.

Influencia

[editar | editar a fonte]

Jean-Michel Basquiat citou Orfeo negro como unha das súas primeiras influencias musicais.[9] Barack Obama escribiu no seu libro de memorias Dreams from My Father (1995) que era o filme favorito da súa nai.[10][11]

  1. "M-G-M Cashing In on Oscar Victory: Ben-Hur Gross Expected to Reach 7 Million by Week's End – Spartacus Booked", The New York Times (1923–Current file) 7 de abril de 1960: 44.
  2. La Voz de Galicia, 29 de agosto de 1986. Páx. 55
  3. Hevesi, Dennis (5 de setembro de 2008). "Breno Mello, 76, Star of Orpheus, Dies". The New York Times. Consultado o 25 de febreiro de 2012. 
  4. Guyot, Jean-François (17 de maio de 2005). "Astro de Orfeu Negro conhece Cannes 46 anos apos vencer festival". France Presse. Consultado o 25 de febreiro de 2012. 
  5. "Adhemar da Silva". sports-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2008. Consultado o 13 de xuño de 2015. 
  6. "Black Orpheus". Festival de Cannes. 1959. Consultado o 15 de febreiro de 2009. 
  7. "The 32nd Academy Awards (1960) Nominees and Winners". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Consultado o 27 de outubro de 2011. 
  8. Fretz, Eric. Jean-Michael Basquiat: A Biography, Greenwood Biographies, 2010, p. 5.
  9. Gonzalez, Ed. "The House Next Door: Barack Obama: A Story of Race and Politics", Slant Magazine (22 de marzo de 2008).
  10. Williams, Tia. "Vintage Vamp: Black Orpheus Star Marpessa Dawn" Essence, (21 de agosto de 2011).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]