Saltar ao contido

Opus Fundatum Latinitas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Opus Fundatum Latinitas
Tipofundación
Data de fundación30 de xuño de 1976
Data de disolución10 de novembro de 2012
SedeSanta Sé
EnSanta Sé
PaísCidade do Vaticano
Na rede
https://www.vatican.va/roman_curia/institutions_connected/latinitas/documents/index_en.htm
editar datos en Wikidata ]

A Fundación Latinitas (en latín e oficialmente: Opus Fundatum Latinitas) é unha institución da Igrexa Católica adicada ao estudo e mantemento dos estándares da lingua latina.

A Fundación Latinitas foi creada no ano 1976 polo papa Paulo VI. Actualmente, ademais de prover dun estándar para a lingua escrita e falada en latín, promove dende diversos sectores o estudo do latín clásico, o latín medieval e o chamado latín eclesiástico.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Co obxectivo da promoción da lingua latina, ten diversos modos de difusión:

  • Libros e outros medios en latín.
  • Revista trimestral Latinitas.
  • Certamen Vaticanum, concurso internacional de poesía e prosa en latín.
  • Clases de lingua latina co mesmo método de ensinanza de linguas modernas.
  • Celebración de debates, congresos e conferencias sobre a cultura latina.
  • O Lexicon recentis Latinitatis, dicionario de neoloxismos traducidos ao latín.
  • As Feriae Latinae.