Saltar ao contido

Onza troy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingotes dunha onza troy de xermanio, ferro, aluminio, renio e osmio

A onza troy (símbolo ozt) é unha unidade de medida de masa, tradicionalmente utilizada nos países anglosaxóns para os metais preciosos, como o ouro e a prata, e para as pedras preciosas. Unha onza troy equivale exactamente a 31,1034768 gramos.[1][2]

A onza troy forma parte do sistema de peso troy, que, malia deber o seu nome á cidade francesa de Troyes, onde se utilizaba na Idade Media nas feiras e nos mercados, ten as súas raíces no sistema monetario e ponderal da antiga Roma. Os romanos utilizaron inicialmente barras de bronce de distintos pesos como moeda: un aes grave equivalía a unha libra e unha doceava parte do aes grave denominábase uncia (onza).

Lingote dunha onza troy de ouro puro

Estandarizacións posteriores cambiaron a correspondencia da onza a 1/16 da libra (sistema avoirdupois), pero a onza troy, que segue a ser 1/12 da libra troy, mantivo a súa vixencia para medir os metais preciosos. A onza troy (31,1034768 g) pesa máis que a avoirdupois (28,349523125 g).[3][4]

Co fin de manter os estándares de pureza e medidas comúns ao longo do tempo, conservouse a onza troy no canto da avoirdupois para a pesaxe do ouro, o platino, a prata e a pólvora. Do mesmo xeito, o gran, que ten o mesmo valor nos sistemas troy e avoirdupois, aínda se emprega para a pesaxe das frechas no tiro con arco e para a dos proxéctiles en balística. A onza troy e o gran tamén formaban parte do sistema farmacéutico que se empregou en medicina durante moito tempo, aínda que foron substituídos polos miligramos.[5]

A onza troy e a moeda

[editar | editar a fonte]

O sistema troy é o máis utilizado na actualidade polos estados emisores para a cuñaxe das súas moedas de investimento, que habitualmente pesan unha onza troy de metal puro, á marxe de que existan tamén pezas de nfraccións de onzas.[6]

No sistema monetario internacional, o valor da onza troy de ouro dáse en dólares e en euros.

A norma ISO 4217, que define as abreviaturas para as moedas (tales como USD para os dólares ou EUR para os euros), tamén dá achega os códigos seguintes normas para as onzas troy de metais preciosos:[7]

  1. "Troy weight, measurement system". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)
  2. "Troy Ounce. Everything you ever needed to know about the Troy Ounce and more!". En TroyOunce.com (en inglés)
  3. Kelly, Patrick . The Universal Cambist and Commercial Instructor, Vol. 1. P. 20. Londres, 1811 (en inglés)
  4. "Units of Measure Arquivado 07 de xuño de 2019 en Wayback Machine.". En The Perth Mint (en inglés)
  5. Gennaro, A. R. (dir.). Remington Farmacia. 20ª edición. Tomo I. Editorial Médica Panamericana. Buenos Aires, 2003. Páxinas 112-113 [ISBN 950-06-1866-4] (en castelán)
  6. "Investing in Bullion and Bullion Coins". Federal Trade Comission: consumer information (en inglés)
  7. "Current currency & funds code list". En Swiss Association for Standardization (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]