Omán
سلطنة عُمان (ar) | |||||
Himno | Nashid as-Salaam as-Sultani (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Mae gan Brydferthwch Gyfeiriad» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Mascate | ||||
Contén a división administrativa | Ad Dakhiliyah (pt) Ad Dhahirah (pt) Al Buraimi (pt) Al Wusta (pt) Ash Sharqiyah Sul (pt) Batina Setentrional (pt) Governamento de Al Batinah Sul (pt) Governamento de Ash Sharqiyah Norte (pt) Governamento de Muscat (pt) Península de Musandam Zufar (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.829.480 (2018) (15,6 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua árabe | ||||
Relixión | Islam | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 309.500 km² | ||||
Punto máis alto | Jebel Shams (3.100 m) | ||||
Punto máis baixo | Majlis al Jinn (pt) (−120 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 23 de xullo de 1970 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía absoluta | ||||
Órgano executivo | Cabinet of Oman (en) | ||||
• Sultan of Oman (en) | Haitham bin Tarik Al Said (pt) (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | Council of Oman (en) , | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 88.191.977.373 $ (2021) | ||||
Moeda | Rial omanense (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .om | ||||
Prefixo telefónico | 968 | ||||
Teléfono de emerxencia | 968 (pt) e 112 | ||||
Código de país | OM | ||||
Páxina web | oman.om | ||||
Omán[1][2] é un país situado no extremo oriental da Península da Arabia. Está constituído por dous territorios descontinuos: o máis pequeno é a Península de Musandam e mailos territorios veciños, no Estreito de Ormuz, separados do resto de Omán polos Emiratos Árabes Unidos. O resto e meirande parte do país está á sueste da Arabia Saudita. A cidade de Madha forma un enclave no territorio dos Emiratos Árabes Unidos.
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xeografía de Omán.
Limita ao norte co golfo de Omán (ao outro lado do cal se estenden as costas do Irán); ao leste e sur co mar de Arabia; ao oeste co Iemen, Arabia Saudita e cos Emiratos Árabes Unidos. A capital do Omán é Mascate.
Unha vasta chaira desértica de grava cobre a maior parte do centro de Omán, con cadeas montañosas ao longo do norte (montañas Al Hajar) e a costa sueste, onde tamén se atopan as principais cidades do país: a capital Muscat, Sohar e Sur no norte, e Salalah no sur. O clima de Omán é cálido e seco no interior e húmido ao longo da costa. Durante épocas pasadas Omán estaba cuberto polo océano, demostrado polo gran número de conchas fosilizadas que existen en zonas do deserto lonxe da liña de costa actual.
A península de Musandam (enclave de Musandem), ten unha situación estratéxica no Estreito de Ormuz, está separada do resto de Omán polos Emiratos Árabes Unidos.[3] A serie de pequenos pobos coñecidos como Dibba son a porta de entrada á península de Musandam por terra e os pobos pesqueiros de Musandam por mar, teñen barcos dispoñibles para alugueiro en Khasab para viaxes á península de Musandam por mar.
Outro enclave de Omán, en territorio dos Emiratos Árabes Unidos, coñecido como Madha, se atopa a medio camiño entre a península de Musandam e o corpo principal de Omán, forma parte da gobernación de Musandam, cubrindo aproximadamente 75 km². O límite de Madha estableceuse en 1969, coa esquina nordeste de Madha a apenas 10 m. da estrada de Fujairah. Dentro do enclave de Madha atópase outro enclave dos UAE chamado Nahwa, que pertence ao emirato de Sharjah, situado a uns 8 km. ao longo dun camiño de terra ao oeste da cidade de Nova Madha, que consta dunhas corenta casas cunha clínica e central telefónica.[4]
O deserto central de Omán é unha fonte importante de meteoritos para a análise científica.[5]
Política
[editar | editar a fonte]Omán é considerado unha monarquía absoluta. O sultán Qaboos bin Said Al Said gobernou o país durante medio século dende 1970 até a súa morte en 2020. Foi sucedido polo seu curmán Haitham bin Tariq Al Said.[6]
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Omán.
Demografía
[editar | editar a fonte]A maioría dos 3.001.583 omanies (datos de 2005) son árabes, pero existe unha minoría baluchi. Hai tamén no país un número importante de traballadores estranxeiros, arredor de 600.000, provenientes da India, de Irán e de Paquistán, principalmente.
O 50% da poboación vive en Mascate e mais en Batina.
Estrutura de idade
[editar | editar a fonte]0-14 anos: 42.7% (homes 744,265 / mulleres 714,116)
15-64 anos: 54.5% (homes 1,079,511 / mulleres 783,243)
65 anos e máis: 2.8% (homes 55,180 / mulleres 41,770) (2010 est.)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para omaní.
- ↑ «Omán». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1511. ISBN 9788482893600.
- ↑ Krogh, Jan S. "Oman".
- ↑ "United Arab Emirates".
- ↑ 4th Swiss Geoscience Meeting, Bern 2006. Meteorite accumulation surfaces in Oman: Main results of. Omani-Swiss meteorite search campaigns, 2001–2006. by Beda Hofmann et al.
- ↑ "Omán pecha unha era coa morte do sultán Qabus". Faro de Vigo. 11 de xaneiro de 2020. Consultado o 20 de xaneiro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Omán |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |