Saltar ao contido

Olympia, Washington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Olympia»)
Modelo:Xeografía políticaOlympia, Washington
Imaxe

EpónimoOlympic Mountains (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°02′33″N 122°53′35″O / 47.0425, -122.8931
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoEstado de Washington
Condado (pt) TraducirCondado de Thurston (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación55.605 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.069,78 hab./km²)
Número de fogares23.031 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaOlympia-Lacey-Tumwater metropolitan area (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:294.793) Editar o valor en Wikidata
Superficie51,977836 km² Editar o valor en Wikidata
Auga9,4516 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude29 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Tumwater (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación28 de xaneiro de 1859 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoDontae Payne (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal98500–98599, 98599, 98501, 98500, 98504, 98506, 98508, 98510, 98513, 98516, 98519, 98522, 98526, 98528, 98531, 98533, 98538, 98540, 98541, 98542, 98544, 98545, 98547, 98548, 98549, 98551, 98554, 98556, 98558, 98559, 98561, 98563, 98566, 98568, 98571, 98574, 98576, 98582, 98584, 98587, 98588, 98590, 98591, 98592, 98863, 98595 e 98598 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico360 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webolympiawa.gov Editar o valor en Wikidata

Olympia é a capital de Washington, un estado dos Estados Unidos de América. Foi incorporada o 28 de xaneiro de 1859. O censo do 2000 rexistrou unha poboación de 42.514 habitantes. O Condado de Thurston, que inclúe tamén as cidades de Lacey e Tumwater, ten unha poboación de 224.100 habitantes. Olympia é a sede do Condado de Thurston e o centro de actividade da rexión sur de Puget Sound para as compras, a cultura e o entretemento. Os visitantes de Olympia poden observar un xuízo da Corte Suprema no Templo de Xustiza, correr ao redor do lago Capitol ou visitar unha das moitas pequenas "boutiques", cafés e panaderías no centro. O mercado local é coñecido polo seu tamaño, calidade, diversidade de vendedores e popularidade.

O xentilicio para os habitantes de Olympia é "Olympians", termo que serve tamén como nome do xornal desta cidade, The Olympian.

É unha cidade rodeada de beleza natural e coñecida pola súa cultura alternativa. É o fogar da universidade Evergreen State (o Estado Verde), universidade "alternativa" famosa por carecer de cualificacións (non son requiridas para graduarse).

A localización de Olympia foi fogar de falantes de lushootseed durante milleiros de anos, entre os que se inclúen as tribos Squaxin, Nisqually, Puyallup, Chehalis, Suquamish e Duwamish. Os primeiros visitantes europeos rexistrados chegaron en 1792, cando Peter Puget e membros da expedición británica realizaron un mapa da zona.

En 1846, Edmund Sylvester e Levi Smith reclamaron conxuntamente a terra que agora conforma o centro de Olympia. No ano 1851 o Congreso dos Estados Unidos estableceu o Distrito de Alafándegas de Puget Sound para o Territorio de Washington Territory e Olympia converteuse no fogar da alfándega. A súa poboación ampliouse constantemente coa chegada de inmigrantes pola expansión da Senda de Oregón, e en 1853 o pobo recibiu o nome de Olympia, como suxestión do residente local Isaac N. Ebey, debido á vista das montañas Olympic cara ao noroeste. A área comezou a ser atendida por unha frota de barcos de vapor coñecida como a Puget Sound Mosquito Fleet.

En 1896 Olympia converteuse na sede da Olympia Brewing Company, que elaborou a cervexa Olympia Beer ata o 2003.

Un terremoto en 1949 danou moitos edificios históricos que non puideron repararse e foron demolidos. Partes da cidade tamén sufriron danos durante os sismos de 1965 e o terremoto de Nisqually producido no 2001.

En 1967, a lexislatura do estado aprobou a creación da The Evergreen State College en Olympia. Debido á presenza da universidade, a cidade converteuse nun centro de actividade para artistas e músicos, e recentemente foi declarada un dos mellores campus da nación pola súa actividade.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo o censo do ano 2000 había 42.514 habitantes, 18.670 fogares e 9.968 familias residindo na cidade[1]. A dendidade de poboación era de 982,3 habitantes por quilómetro cadrado. A distribución por razas era dun 85,3% de persoas de raza branca, 1,9% afroamericanos, 1,3% nativos americanos, 5,8% asiáticos, 0,3% insulares do Pacífico, 1,7% doutras razas, e 3,8% de dúas ou máis razas. Os hispanos eran o 4,4% dos habitantes. O 15% eran de orixe alemá, o 11,3% irlandesa, 10% inglesa, 6% norueguesa e o 5,3% americana segundo o citado censo. O 91,6% falaban inglés, o 2,9% castelán e o 1,7% vitnamita como primeira lingua.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.