Oleg Kotov
Oleg Valeriievich Kotov, nado en Simferopol, Ucraína, o 27 de outubro de 1965, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-10, Soiuz TMA-17 e Soiuz TMA-10M, sendo membro da expedicións 15, 22, 23, 37 e 38 á Estación Espacial Internacional.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kotov graduouse na Academia Kirov de Medicina Militar en 1988. De novembro de 1988 a decembro de 1990 estudou métodos para facer diagnósticos funcionais para a selección de pilotos no Hospital Central da Forza Aérea. Graduouse Instituto da Propiedade Industrial e Innovación de Moscova en 1992 e en 1998 graduouse da Escola Kachin de Pilotos da Forza Aérea en 1998. Entrou no corpo de cosmonautas en 1996, participando nas misións Soiuz TMA-10, Soiuz TMA-17 e Soiuz TMA-10M, sendo membro da expedicións 15, 22, 23, 37 e 38 á Estación Espacial Internacional, acumulando un total de 516,42 días no espazo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Kotov, Oleg Valeriyevich" (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oleg Kotov |