Ochotona
Ochotona Picas | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ochotona curzoniae | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
|
Ochotona é un xénero de mamíferos lagomorfos da familia dos ocotónidos. É o único xénero da familia que persiste actualmente. As súas 30 especies actualmente viventes son coñecidas vulgarmente como picas, e tamén como lebres asubidoras e coellos de roca (aínda que non están estreitamente emparentados coas lebres nin cos coellos, que forman parte doutra familia de lagomorfos, a dos lepóridos).
A diferenza do xénero extinto Prolagus, as especies de Ochotona perderon o último molar superior.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Presentan unha aparencia moi similar á das cobaias comúns. A súa dentadura presenta no maxilar catro incisivos, seis premolares e catro molares, e na mandíbula teñen dous incisivos, catro premolares e seis molares. A súa cola é tan curta que case nin se ve e o seu corpo está cuberto dun pelame denso e suave. Viven en comunidades bastante numerosas, tanto en chairos como en montes, e aliméntanse case exclusivamente de herbas. O nome de lebre asubiadora é debido a un asubío que emiten de cando en vez.
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]En Europa coñécese unha soa especie, Ochotona pusillus, que tamén se atopa nalgunhas zonas de Asia. De feito, en Asia é o continente onde habitan máis especies deste xénero, aínda que tamén se atopan algunhas en Norteamérica.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi definido en 1795 polo naturalista alemán Heinrich Friedrich Link, en Beitr. Naturgesch., 2: 74.[1], que tomou como especie tipo a Ochotona minor, rebautizando a especie Lepus dauuricus Pallas, 1776 (hoxe coñecida como Ochotona daurica).[1]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]O xénero Ochotona coñeceuse tamén como:[1]
- Abra Gray, 1863
- Abrama Strand, 1928
- Argyrotona Rekovetz, 1988
- Buchneria Erbajeva, 1988
- Lagomys G. Cuvier, 1800
- Lagotona Kretzoi, 1941
- Ogotoma Gray, 1867
- Tibetholagus Argyropulo & Pidoplichko, 1939
- Tibetolagus Argyropulo, 1948
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Ochotona deriva do nome mongol ochodona, co que os mongois denominan ás picas.[2] e, no segundo caso, coa adición á raíz do nome xenérico o sufixo do latín científico -ĭidae, co que se forman os nomes das familias de animais.
Nome vulgar
[editar | editar a fonte]O nome común máis utilizado, pica, deriva da palabra piika, usada polos pobos tungús do leste de Siberia para designar a estes animais.[3] que comezou a usarse en inglés en 1827,[4] e de aí pasou aos demais idiomas europeos.
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes trinta especies:[1][5]
- Ochotona alpina
- Ochotona argentata
- Ochotona cansus
- Ochotona collaris
- Ochotona curzoniae
- Ochotona dauurica (especie tipo)
- Ochotona erythrotis
- Ochotona forresti
- Ochotona gaoligongensis
- Ochotona gloveri
- Ochotona himalayana
- Ochotona hoffmanni
- Ochotona huangensis
- Ochotona hyperborea
- Ochotona iliensis
- Ochotona koslowi
- Ochotona ladacensis
- Ochotona macrotis
- Ochotona muliensis
- Ochotona nigritia
- Ochotona nubrica
- Ochotona pallasi
- Ochotona princeps
- Ochotona pusilla
- Ochotona roylei
- Ochotona rufescens
- Ochotona rutila
- Ochotona thibetana
- Ochotona thomasi
- Ochotona turuchanensis
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ochotona |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ochotona |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kingdon, Jonathan & M. Hoffmann (eds.) (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7.
- Scortecci, G. e outros (1969) Mamíferos. Ed. Vergara. Los animales. Cómo son, dónde viven, cómo viven, vol. 2 [Ed. española dirixida por Francisco García do Cid, coa colaboración de Enrique Balcells e Pedro Arté] (en castelán).
- Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The trek of the pika, (en inglés).