Ocho apellidos vascos
Ocho apellidos vascos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ocho apellidos vascos |
Director | Emilio Martínez-Lázaro |
Guión | Borja Cobeaga Diego San José |
Intérpretes | Clara Lago Dani Rovira Carmen Machi Karra Elejalde Alfonso Sánchez |
Música | Fernando Velázquez |
Fotografía | Gonzalo F. Berridi Juan Molina |
Estudio | Lazonafilms / Kowalski Films / Telecinco Cinema |
Estrea | 14 de marzo de 2014 |
Duración | 98 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Comedia |
Orzamento | €3 000 000 [1][2] |
Recadación | $77 298 155[3] |
Filme seguinte | Ocho apellidos catalanes |
Na rede | |
Ocho apellidos vascos é un filme español dirixido por Emilio Martínez-Lázaro, con guión de Borja Cobeaga e Diego San José, protagonizada por Clara Lago, Dani Rovira, Carmen Machi e Karra Elejalde. Estreouse en España o 14 de marzo de 2014.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Rafa (Dani Rovira), un sevillano que nunca saíu de Andalucía, decide abandonar a súa terra natal para seguir a Amaia (Clara Lago), unha moza vasca que a diferenza doutras mulleres que coñeceu se resiste ás súas técnicas de sedución. Para conseguilo, e en contra dos consellos dos seus amigos, decide viaxar á vila da súa pretendida, no corazón abertzale do País Vasco. Unha serie de malentendidos levarán ao mozo sevillano a ter que facerse pasar por un auténtico vasco con oito apelidos, e ir enredándose cada vez máis no personaxe que creou para lograr os seus propósitos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Clara Lago como Amaia
- Dani Rovira como Rafa
- Carmen Machi como Merche
- Karra Elejalde como Koldo
- Alberto López como Joaquín
- Lander Otaola como Borroka
- Aitor Mazo como Padre Naxio
- Abel Mora como Pedro
- Alfonso Sánchez como Curro
- Aitziber Garmendia como Iratxe
- Miriam Cabeza como Edurne
- Los del Río como eles mesmos
Recepción
[editar | editar a fonte]Na súa primeira fin de semana a produción reuniu 404.020 espectadores xerando 2,72 millóns de euros de recadación.[4] Eses datos sitúana entre as mellores quince estreas da historia do cine español.[5] Na súa segunda fin de semana a produción aumenta a recadación case un 56% respecto á fin de semana anterior só superado por dúas superproducións: O Imposible e Avatar con 4,4 millóns en só 10 días.[6]
Premios e candidaturas
[editar | editar a fonte]Categoría | Candidato | Resultado |
---|---|---|
Mellor actriz secundaria | Carmen Machi | Gañadora |
Mellor actor secundario | Karra Elejalde | Gañador |
Mellor actor revelación | Dani Rovira | Gañador |
Mellor canción orixinal | No te marches jamás Fernando Velázquez |
Nomeada |
Mellor fotografía | Kalo Berridi | Nomeado |
- Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos
Categoría | Candidato | Resultado |
---|---|---|
Mellor Actor Revelación | Dani Rovira | Gañador[7] |
Mellor Actor de Elenco | Karra Elejalde | Gañador[7] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'Ocho apellidos vascos' es ya la película española con más espectadores" (HTML). La Vanguardia. 27 de abril de 2014. Consultado o 23 de agosto de 2015.
- ↑ "'Ocho apellidos' ya gana a 'Lo imposible' en espectadores" (HTLM). El Mundo. 21 de abril de 2014. Consultado o 23 de agosto de 2015.
- ↑ boxofficemojo.com (IMDB) (1 de agosto de 2014). "Ocho apellidos vascos (2014)". Consultado o 18 de agosto de 2014.
- ↑ ElCorso. "Ocho apellidos vasco coge la ola de Lo Imposible". Consultado o 17 de marzo de 2014.
- ↑ El Correo. "Ocho apellidos vascos revienta la taquilla". Consultado o 17 de marzo de 2014.
- ↑ http://cultura.elpais.com/cultura/2014/03/24/actualidad/1395663646_520785.html ‘Ocho apellidos vascos’ duplica su taquilla en su segundo fin de semana
- ↑ 7,0 7,1 "Ocho Medallas del CEC para La isla mínima". Academia de cine. Consultado o 7 de febreiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ocho apellidos vascos na IMDb (en inglés).