Oaxaca de Juárez
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México | ||||
Estado federado | Oaxaca | ||||
Concello | Oaxaca de Juárez (municipio) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 300.050 (2014) (3.510,59 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 85,47 km² | ||||
Altitude | 1.555 m-1.557 m | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1486 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 68000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 951 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | municipiodeoaxaca.gob.mx |
Oaxaca de Juárez[1] é unha cidade mexicana, capital do estado de Oaxaca, así como cabeceira do municipio homónimo. Foi fundada por un destacamento de guerreiros, enviados polo oitavo tlatoani, o emperador azteca Ahuízotl no ano 1486, e instaláronse nas inmediacións dun cerro chamado en idioma zapoteco "Dani Noayaa Loani", (Outeiro de Boa Vista), ao que os nahuas chamaron Ehécatl (deus do vento). Hoxe esa elevación recibe o nome de "Cerro del Fortín". Achantada nos Valles Centrales, é a cidade máis extensa e poboada do Estado de Oaxaca, así como o seu centro económico e cultural. Contaba no 2010 con 555.029 habitantes, 793.522 contando a área metropolitana.
En 1532, por cédula real, recibiu do rei Carlos I de España o título de "Moi nobre e leal cidade", chamándose primeiramente Antequera, nome que en 1821 foi substituído polo de Oaxaca, palabra derivada de Huaxyácac, que na lingua náhuatl significa "No nariz dos huaxes". Noutras linguas indíxenas do estado, o significado do nome da cidade é o mesmo: La'a ou Lula'a en zapoteco, Nunduva ou Ñundua en mixteco, Ya³kweh4 ou Akwej en triqui, Na²xi¹tzhe4 en mazateca, Ku²nchia² en chocho, Chjui³ en ixcateco, Wahk'wihm en mixe.
En 1872, a raíz do falecemento de Benito Juárez toma o seu apelido, quedando finalmente como "Oaxaca de Juárez".
O centro histórico da cidade, así como a zona arqueolóxica de Monte Albán, foron declarados pola UNESCO en 1987 como Patrimonio Cultural da Humanidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1494. ISBN 9788482893600.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dalton Palomo M.: Oaxaca Tierra del Sol, Monografía Estatal (Secretaría de Educación Pública) 1989.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Concello de Oaxaca
- Exposición virtual sobre Oaxaca de Juárez no Centro Virtual Cervantes (en castelán)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oaxaca de Juárez |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |