O contubernio
Aparencia
O contubernio | |
---|---|
Título orixinal | Contubernio catro de Tomé S. |
Autor/a | Alfredo Conde |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galego |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Castrelos |
Data de pub. | 1978 |
Páxinas | 141 páx. |
ISBN | 84-7041-094-6 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O contubernio é unha novela do escritor galego Alfredo Conde. Publicouse orixinalmente en 1978 co título de Contubernio catro de Tomé S.
Argumento
[editar | editar a fonte]O libro conta a historia de Tomé Salgado, o cura párroco de Lixouriz, unha aldea do concello de Sanuxio, que no outono de 1967 tense que enfrontar ao problema de que o cemiterio da parroquia está cheo. Acorda cos veciños a súa ampliación pero o Concello, mediante o alcalde, prohibe os enterramentos por non contar cos permisos pertinentes. O problema acrecéntase cando chega un cadáver e queda á espera de enterrar. A partir de entón, os problemas magnifícanse e deberán, cura e veciños, ir polo mesmo camiño para resolver este e outros problemas.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Contubernio catro de Tomé S. (Edicións Castrelos, 1978).[1]
- O contubernio (Sotelo Blanco Edicións, 1987).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Contubernio catro de Tomé S.". AELG.