Saltar ao contido

Mago Antón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «O Mago Antón»)
Modelo:BiografíaMago Antón
Biografía
Nacemento(es) Antón López Ribas Editar o valor en Wikidata
1956 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Castroverde, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesMago Antón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmago Editar o valor en Wikidata

Antón López Rivas, nado en Meda Castroverde en 1956, é un mago e ilusionista galego, coñecido profesionalmente como o Mago Antón. Está especializado en números de escapismo e maxia creativa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pasou a súa infancia e adolescencia en Lugo, onde se iniciou na maxia. Comezou a estudar Psicoloxía en Santiago de Compostela, abandonando en 1977 para dedicarse profesionalmente á maxia e á ventriloquia. Uns anos máis tarde entrou en contacto coa escola máxica de Madrid e realizou numerosas actuacións en diferentes cidades españolas e europeas. Nos anos 80 produciu grandes espectáculos, destacando Merlín e Familia, e creou a empresa Produccións Máxicas.[1]

O 2 de decembro de 1990 estivo a piques de morrer afogado durante a gravación dun programa da Televisión de Galicia. O truco consistía en somerxerse nunha cubeta de auga esposado a unha pedra, emulando a Harry Houdini. Unha vez dentro, o mago debía atopar a chave que abre as esposas, liberarse e saír do estanque antes de que fose demasiado tarde. Nesta ocasión foi rescatado in extremis polos seus axudantes, semiinconsciente despois de case catro minutos.[2]

Espectáculos principais

[editar | editar a fonte]

Os espectáculos principais do Mago Antón foron:[1]

  • 1980-1990 Merlín e Familia, presentado en xira por toda Galicia.
  • 1993 Vía Láctea, representado durante meses en Santiago, principais cidades galegas, Pamplona e Madrid.
  • 1995-1999 Magomóbil, recorre Galicia con cinco espectáculos de maxia, entre eles Insólito por ANTONomaxia e O romance do conde de Cagliostro.
  • 2001 Ilusións, un percorrido pola historia da maxia e a humanidade.
  • 2004 10 Magos no País das Marabillas e Festivais de Maxia no Camiño.
  • 1989 foi nomeado "Lucense del año" pola Asociación de Prensa, Radio e TV de Lugo.[1]
  • 2003 foi galardoado co premio “Gallego Egregio” pola Fundación Premios de la Crítica de Galicia.[1]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Antón López Rivas | Galegos | Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2016-05-07. 
  2. Blanco, Adriana. "Dos minutos sin aliento | Galicia | elmundo.es". www.elmundo.es. Consultado o 2016-05-07.