Saltar ao contido

Nova Ardentía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nova Ardentía
PaísEspaña
LugarCambados
Lingualingua galega
Fundación2004
Circulación
ISSN1699-3128
Na rede
https://www.novaardentia.gal/
Dialnet: 26626
editar datos en Wikidata ]

Nova Ardentía é a Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial editada por Culturmar.[1]

A revista procura divulgar o traballo dos grupos que compoñen Culturmar[2]: estudo, recuperación e dignificación da cultura nacida arredor dos mares e ríos galegos, ademais de publicar traballos de investigación e divulgación sobre o tema.

Ardentía

[editar | editar a fonte]

A revista saíu en xullo de 2004 co nome de Ardentía para axudar no Encontro de Embarcacións Tradicionais que organiza a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. O director foi Luís Rei Núñez[3] e a maioría dos colaboradores eran membros do Colectivo Etnográfico Mascato do Salnés.[4]

O número 8 foi coordinado por Lino Prieto, debido á morte de Luís Rei.

Números:

  • nº 1: O patrimonio inmaterial, 2004
  • nº 2: Barcos e xentes – VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia – Cambados, 2005
  • nº 3: Un mar de memorias, 2006
  • nº 4: O mar tamén ten mulleres, 2007
  • nº 5: Proa a Muros! – IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, 2009
  • nº 6: Se vas a Carril… X Encontro de Embarcancións Tradicionais de Galicia, 2011
  • nº 7: XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia – O Freixo – Outes, 2013
  • nº 8: 2015

Nova Ardentía

[editar | editar a fonte]
Presentación do nº 16 no Estaleiro de Purro en Bueu: Lidia Nieves Domínguez, Carmen García, Emilio Xosé Insua, Arturo Sánchez Cidrás e José Manuel Dopazo Entenza (xullo 2024)

A partir do número 9 o director foi Emilio Xosé Insua e pasou a chamarse Nova Ardentía saíndo cunha periodicidade anual.

Números:

  • nº 9: Para Luís Rei, que partiu para navegar os mares do alen. In memoriam, 2017
  • nº 10: 25 anos na salvagarda, 2018
  • nº 11: Navegando polas augas irmás do Miño e do Atlántico, 2019
  • nº 12: Contra vento, maré e coronavirus, 2020
  • nº 13: Capeando o temporal pandémico, 2021
  • nº 14: Coa pandemia pola popa, marcamos novos rumbos, 2022
  • nº 15: Proa ás Mariñas!_ XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, 2023
  • nº 16: 2024, presentada no Estaleiro de Purro en Bueu.

Datos:

Temas tratados: etnografía, antropoloxía, economía, tecnoloxía, historia, arte, literatura

Seccións fixas:

  • A Atalaia (editorial)
  • A que andamos?
  • Artistas do mar
  • Sino de proa
  • Letras na almadraba
  • Lecturas para navegantes
  • Espazos para saber do mar
  1. "Presentacion. Nova Ardentía". www.novaardentia.gal. 
  2. "Inicio". Culturmar. Consultado o 2024-07-15. 
  3. Galega, Consello da Cultura. "Luís Rei Album de Galicia". CONSELLO DA CULTURA GALEGA. Consultado o 2024-07-15. 
  4. "Nova Ardentía archivos". Culturmar. Consultado o 2024-07-15. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]