Notitia dignitatum
A Notitia dignitatum é un documento único da chancelería imperial romana. Trátase dun dos poucos documentos que nos chegaron sobre o goberno romano, no que se detalla a organización administrativa do Imperio romano, oriental e occidental, desde a propia corte imperial até o nivel provincial. Considérase que contén a información actualizada da década do 420 para o Imperio Romano de Occidente e da década do 400 para o Imperio Romano de Oriente; pero non se pode dar unha data precisa.
Hai varias copias dos séculos XIV e XV, ademais dunha versión iluminada en cor de 1542. Todas proceden dun único manuscrito perdido que contiña varios documentos de gran valor, dos cales un era do século IX.
A Notitia deriva o seu nome da descrición inicial dos manuscritos:
Notitia dignitatum omnium tam civilium quam militarium utriusque imperii occidentis orientisque. hoc documentum rationem reddit de structura et administratione imperii Romani aetate Theodosiana. ultima redactio notitiae dignitatum a primis decenniis saeculi quinti provenit.[1]«Lista dos oficiais, tanto civís como militares, de ambos imperios, de Occidente e de Oriente. Este documento presenta a estrutura e administración do Imperio romano na época teodosiana. A última edición da lista corresponde á primeira década do século V».
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Notitia dignitatum |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Notitia dignitatum: accedunt Notitia urbis Constantinopolitanae et Laterculi provinciarum, edidit Otto Seeck, Berolini: Weidmann, 1876.
- A.H.M. Jones, The Later Roman Empire, 284–602. A Social, Economic and Administrative Survey, The Johns Hopkins University Press, 1986, ISBN 0-8018-3285-3.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cnd website.
- Mapa do Imperio c. 400.
- Notitia dignitatum Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine., en castelán e latín.