Nissan Stadium
Nissan Stadium | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 36°09′59″N 86°46′17″O / 36.166388888889, -86.771388888889 |
Localización | Nashville, Estados Unidos |
Nomes antigos | Adelphia Coliseum (1999–2002) The Coliseum (2002–2006) LP Field (2006–2015) |
Construción | |
Construción | 3 de maio de 1997 |
Inauguración | 27 de agosto de 1999 (25 anos) |
Arquitecto | Populous McKissack & McKissack Moody Nolan |
Enxeñeiro | Thornton Tomasetti |
Custo | $290 millóns |
Estadio | |
Superficie | Tifsport Bermuda Sod |
Capacidade | 69.143 |
Propietario | Goberno Metropolitano de Nashville e Condado de Davidson |
Operadora | Goberno Metropolitano de Nashville e Condado de Davidson |
Localía | Tennessee Titans (1999– ) Tennessee St. Tigers (NCAA) (1999–) |
Web | https://nissanstadium.com/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
- Non confundir co Estadio Internacional de Iocoama.
O Nissan Stadium é un estadio situado na cidade de Nashville, Tennessee (Estados Unidos). Inaugurado en 1999, é propiedade do Goberno Metropolitano de Nashville e Condado de Davidson. O seu uso principal é o fútbol americano, sendo o estadio local dos Tennessee Titans da National Football League (NFL) e dos Tennessee State Tigers da liga universitaria (NCAA). Alén do fútbol americano, tamén é utilizado para albergar grandes concertos, como por exemplo os do CMA Music Festival durante catro días de xuño. O Nissan Stadium está situado na beira leste do río Cumberland, e ten capacidade para 69.143 espectadores. O seu primeiro evento foi un partido de pretemporada entre os Titans e os Atlanta Falcons o 27 de agosto de 1999. Desde a súa apertura en 1999 foi coñecido por diferentes nomes, incluído Adelphia Coliseum desde 1999 até 2002, The Coliseum desde 2002 até 2006 e LP Field desde 2006 até 2015.