Niklaus Wirth
Niklaus Wirth Winterthur, nado en Winterthur a 15 de febreiro de 1934, é un científico da computación suízo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1949 obtén a carreira de Enxeñeiro en Electrónica no Instituto Federal Suízo de Tecnoloxía (ETH) en Suíza. En 1960 gañou un M.Sc. da Universidade de Laval, Canadá. En 1963 obtén un doutoramento en Filosofía (Ph.D.) na Universidade de California, Berkeley.
De 1963 a 1967 serviu coma mestre auxiliar de Informática na Universidade de Stanford e de novo na Universidade de Suíza. A partir de 1968 converteuse en mestre de Informática na ETH en Suíza, tomándose dous anos sabáticos na Xerox PARC de California.
Wirth foi o xefe de deseño das linguaxes de programación Algol W, Pascal, Modula, Modula-2 e Oberon. Tamén ocupou gran parte do seu tempo no equipo de deseño e introdución de sistemas operativos Lilith e Oberon para o Lola no deseño de hardware dixital e o sistema de simulación.
O seu artigo de desenvolvemento dun programa por refinamento sucesivo ("program development by stepwise refinement") é considerado un texto clásico na enxeniería do software, así como o seu libro Algoritmos Estruturas de datos = Programas, que recibiu un amplo recoñecemento, e que aínda hoxe é útil na ensinanza da programación. Recibiu o Premio Turing polo desenvolvemento destas linguaxes de programación en 1983. Xubilouse en 1999.