Nesodden
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Noruega | ||||
Condado | Akershus (pt) | ||||
Capital | Nesoddtangen (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 20.322 (2023) (330,65 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 7.709 (2018) | ||||
Lingua usada | bokmål (målform) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 61,46 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1838 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Cathrine Kjenner Forsland (en) (2021–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | nesodden.kommune.no | ||||
Nesodden é un concello do condado de Akershus, o seu territorio está na península que separa o propio fiorde de Oslo dun dos seus brazos, o Bunnefjorde. No sur limita co concello de Frogn.
Aproximadamente tres cuartas partes do seu territorio está constituído por bosques e pastos, o 86% da poboación habita nas áreas urbanas, o resto distribúese en pequenas aldeas e casaríos.
Tangen está no norte do concello, Bjørnemyr, Fjellstrand, Spro e Fagerstrand están na parte oeste mirando cara ao fiorde de Oslo. No leste están as localidades de Oksval, Ursvik, Hellvik, Berger, Jaer e Blylaget.
Xunto cos concellos de Enebakk, Frogn, Oppegård, Ski, Vestby e Ås Nesodden constitúe o distrito de Follo dentro de Akershus.
Nesodden e Oppegård formaron no pasado parte do mesmo concello ata que en 1915 Oppegård se independizou de Nesodden.
Nesodden é o límite norte en Europa da extensión do carballo, este fenómeno reflíctese nos topónimos locais de Eklund e Ekelund (eik é o noruegués para carballo)
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Nesodden está aproximadamente a 45 km de Oslo por estrada pero só a 7 km por mar, o transbordador operado pola Nesodden–Bundefjord Dampskipsselskap tarda quince minutos en facer o traxecto desde Nesoddtangen transportando 2.400.000 pasaxeiros ó ano. A liña ata Lysaker (Bærum) transporta 200.000 viaxeiros ó ano.
Economía
[editar | editar a fonte]As actividades tradicionais da xente de Nesodden eran a agricultura, a silvicultura e a pesca, ademais da extracción e comercio do sal , calcúlase que a produción anual no período 1895-1905 foi de 45.000 toneladas. Hoxe só o 0.6% da poboación activa traballa no sector primario, o 87% faino no sector terciario.
Personalidades
[editar | editar a fonte]- Merete Morken Andersen, escritora
- Rune Johan Andersson, escritora e ilustradora
- Lars Fredrik Beckstrøm, músico de deLillos
- Finn Bjørnseth (1924-1973), escritor
- Sigurd Wongraven, músico de Satyricon
- Hanne Ørstavik, escritor
- Arnulf Øverland (1889-1968), escritor
- Frans Widerberg, pintor