Neglixencia hemiespacial
Neglixencia hemiespacial | |
---|---|
Especialidade | psicoloxía, neuroloxía, neurociencia |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Unha das consecuencias máis recorrentes do ictus é a neglixencia unilateral, tamén coñecida como neglixencia hemiespecial. A síndrome maniféstase mediante limitacións de dirección, resposta ou orientación no lado oposto á lesión cerebral. Esta "inversión" prodúcese porque cada hemisferio do noso cerebro controla o lado oposto do corpo; o hemisferio dereito controla o lado esquerdo e o hemisferio esquerdo controla o lado dereito. Así, en caso de dano cerebral nun dos hemisferios, o reflexo da lesión demóstrase no outro lado do corpo, caracterizando a síndrome de abandono unilateral.
Síntomas
[editar | editar a fonte]Nun paciente con neglixencia unilateral pódense notar problemas de memoria, razoamento e atención, así como disfuncións cognitivas e de comunicación. Tamén poden estar presentes dificultades sensoriais, incluíndo problemas de visión e audición.
Terapia
[editar | editar a fonte]Fisioterapia neurolóxica
Despois do período de hospitalización médica posterior ao ictus, é hora de volver a casa e comezar a rehabilitación. As sesións de fisioterapia neurolóxica non só evitan que as secuelas da lesión cerebral se fagan permanentes, senón que permiten ao paciente rehabilitar as súas funcións motoras e recuperar a súa independencia e calidade de vida. [1]
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Oliveira, Tamara Pereira de; Araújo, Rita de Cássia Tibério; Soares, Edvaldo (2014). "Negligência unilateral pós-acidente vascular encefálico: atuação da Terapia Ocupacional". Cadernos de Terapia Ocupacional da UFSCar 22 (2): 419–428. ISSN 2238-2860. doi:10.4322/cto.2014.063.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Neglixencia hemiespacial |