Saltar ao contido

Narodnik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Narodniks foi o nome dado aos revolucionarios rusos das décadas de 1860 e 1870. Eran membros das elites cultivadas da Rusia, alfabetizadas e procedentes das cidades que idealizaban o regreso á vida no campo, inspirados no Romanticismo e nas ideas de Rousseau. O seu movemento é coñecido como Narodnichestvo (ou Narodismo). O termo deriva da expresión rusa "Khozhdenie v narod" (Хождение в народ), "Ir co pobo". Os narodniks xurdiron en resposta aos conflitos entre os campesiños e os kulaks. Kulaks era un termo despectivo para designar os campesiños ricos donos de grandes extensións de terras. Os narodniks apoiaban o campesiñado crendo firmemente que estes eran a clase revolucionaria, a única con poder real para derrocar á monarquía. Porén, os Narodniks tamén pensaban que o campesiñado precisaba dunha organización para guialos, crían no heroe romántico que levaría o pobo ao triunfo da revolución.

Este movemento terminou fracasando. Os Narodniks serían confrontados cunha realidade rural moi diferente á que eles pensaban. Os Narodniks non eran moi ben recibidos polos campesiños debido á súa procedencia de clase media-alta. De feito moitos deles tiveron que aprender ruso xa que eran criados coa lingua francesa, lingua das clases altas rusas, ou con alemán, tamén tiñan que aprender os costumes e vestir coma eles.

Despois do fracaso do movemento Narodnik, parte destes intelectuais iniciarían outro chamado Terra e liberdade (Semlja i Wolja) en 1876. A alfabetización de Rusia, ironicamente, foi unha axuda para a causa dos revolucionarios. Neste contexto foi publicado no 1872, en Rusia, O Capital, (Das Kapital) de Karl Marx.

As conclusións: novas estratexias

[editar | editar a fonte]

Un líder Narodnik, Stepnjak, escribiu en 1876 ao seu amigo Lavrov: "Non conseguimos nin sequera cambiar o pensamento dun entre 600 campesiños, menos aínda dun en 60"... "Todos recoñeceron a necesidade dunha organización... Unha revolución precisa de ser organizada".

Orlando Figes, o historiador inglés, escribe n' A traxedia dun pobo:

O resultado foi a creación dunha estrutura de partido neste mesmo ano, que estaba máis centralizado do que os círculos dos anos 60. Esta estrutura recibiu o nome de Terra e Liberdade (Semlja i Wolja) e deu menos importancia á propaganda aberta para concentrarse nas actividades conspirativas clandestinas. O 6 de decembro de 1876 organizou a primeira manifestación pública da historia de Rusia.
A roda completara unha volta completa: após os métodos da revolución social, os narodniks, viráronse para os métodos xacobitas de conspiración, terror e golpe de Estado no nome do pobo. Os escritos de Piotr Tkatchov marcan este cambio.

Segundo Orlando Figes, nos últimos 20 anos do réxime dos Tsares, mais de 17.000 persoas foron matadas ou feridas por terroristas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]