Nablus
نابلس (ar) שְׁכֶם (he) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estado de Palestina | ||||
Territorio ocupado | Cisxordania | ||||
Gobernacións | Província de Nablus (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 156.906 (2017) (5.410,55 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua árabe | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 29 km² | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Ghassan Shakaa (en) (2012–2015) Sameeh Tbeileh (pt) (2015–2017) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 2 de abril de 2012 | ||||
Identificador | 5714 | ||||
Sitio web | nablus.org… |
Nablus (en árabe: نابلس) Nāblis ou Nāblus, evolución do grego Neapolis “Cidade Nova“; a bíblica Siquem. denominada Yabal an-Nār „Monte do lume“) é unha cidade de Palestina con cerca de 100.000 habitantes. Está asentada nun extenso val entre dúa montañas (árabe: Ibāl e Xirzim, citados na Biblia como Ebal e Garizim), a uns 62 km ao Norte de Xerusalén.
Xunto a poboación musulmá e cristiá, conviven aquí uns 300 membros da comunidade samaritana.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade foi fundada no ano 72 d.C. polos romanos, que lle deron o nome de Flavia Neapolis, en honra da nova dinastía dos Flavios, pois naquela altura gobernaba en Roma o emperador Vespasiano. O lugar situábase arredor de dous quilómetros ao Leste da antiga cidade biblique de Siquem.
Conquistada a cidade polos árabes en 636, o nome foi adaptado por eles como Nablus (نابلس). Os cruzados rebautizárona como « Naples » (e xustamente o "Naples" ou "Nápoles" italiano deriva tamén dun anterior « Neapolis »). Converteuse, durante esa época, nun dos maiores centros do Reino de Xerusalén, até a súa destruzón en 1202. Posteriormente foi reconstruída de novo polos árabes.