Saltar ao contido

NRK

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
NRK
Logo
Tiponegocio, empresa estatal, radiodifusora pública e empresa produtora
Data de fundación1933
Director/aThor Gjermund Eriksen, Vibeke Fürst Haugen, Hans-Tore Bjerkaas, John G. Bernander, Einar Førde, Bjartmar Gjerde, Torolf Elster, Hans Jacob Ustvedt, Kaare Fostervoll, Toralv Øksnevad e Olav Midttun
Nº de empregados3.400 (2020) Editar o valor en Wikidata
Organización subsidiariaRadio Norway International, NRK Drama e NRK aktivum
PremiosPremio de lingua de signos do Consello da Lingua
SedeNRK Marienlyst
PaísNoruega
Na rede
https://www.nrk.no/
Facebook: nrkno Twitter: NRKno Instagram: nrkno Youtube: UCBevtY7fDYVEVkgWez2tAgA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Kringkastingshuset (Casa da Radio) en Oslo

NRK (Norsk Rikskringkasting) é a compañía pública de radio e televisión de Noruega, é un dos membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión. O seu financiamento procede principalmente das cotas dos televidentes e das vendas de programas e DVD.

A NRK fundouse o 24 de xuño de 1933 seguindo o modelo da BBC, o 1 de xullo comezou a emitir regularmente, eliminándose progresivamente todas as licenzas de radio privadas que se converteron en parte da NRK[1]. Durante a ocupación alemá na segunda guerra mundial os transmisores de radio da NRK utilizáronse para transmitiren propaganda nazi cara a Escocia, Irlanda do Norte e Escandinavia. O goberno no exilio reorganizou a NRK dirixida por Toralv Øksnevad que transmitía a través do servizo exterior da BBC cara a Noruega e que redifundían ducias de emisoras clandestinas en toda Noruega, o anuncio de Dette er London! (Aquí Londres) converteuse nunha voz de chamada para a resistencia norueguesa, nun momento no que se condeaba coa pena de morte a escoita de emisións estranxeiras. Tamén desde Boston por onda curta e dirixido por Gunnar Nygård transmitiu a NRK no exilio programas dirixidos aos mariñeiros noruegueses espallados por todo o mundo.

En 1948 comezou a funcionar o servizo exterior de radio, Utenlandssendingen por onda curta transmitindo en noruegués e inglés e que estivo en activo ata o 1 de xaneiro de 2002. En 1950 a NRK foi un dos fundadores da UER, en 1954 comezou as transmisións de televisións que se fixeron regulares desde 1960. En 1975 deixou de ter o monopolio sobre as estacións de radio e en 1984 estableceu a súa segunda canle de radio.


a Accesible en FM nalgunhas partes do país
b DAB, DVB-T e radio por Internet

c En cooperación coa SVT e a YLE,
d Só por DAB
e Radio por Internet

Televisión

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]