Núria Bendicho Giró
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1995 (28/29 anos) Barcelona, España |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Núria Bendicho Giró, nada en Barcelona en 1995, é unha escritora catalá.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou estudos de Filoloxía Clásica pero licenciouse en Filosofía pola Universidade de Barcelona.[2] En 2020, participou no Premio Anagrama cun texto que non resultou gañador, pero que o xurado "recomendou a súa publicación". En 2021 publicou finalmente Terres mortes, a súa primeira novela, na Editorial Anagrama, que foi finalista no XXII Premio do Libro de Literatura Catalá e tamén finalista no Premio Òmnium á mellor novela do ano, do premio Finestres e do premio Llibreter.[3][4] A obra foi descrita como un drama rural extremo, con aires de Rodoreda, Faulkner, Víctor Català e/ou Bernhard.[5] O título fai referencia a Terra baixa, de Àngel Guimerà.[6] Ela conta que sempre lle custou moito que lle dixeran o que tiña que ler, por iso vai á biblioteca e escolle o que lle apetece. Cando atopa algo que lle gusta, "podo lelo até seis veces".[7]
En agosto de 2022 participou en "Un verán en Galeusca", un proxecto impulsado, por cuarto ano consecutivo, entre VilaWeb, Berria e Nós Diario co relato "Bestiario".[7]
Obra
[editar | editar a fonte]- Terres mortes (2021). Barcelona: Anagrama. 184 páxs. ISBN 978-84-339-1588-7.
- Tierras muertas (2022). Barcelona: Anagrama. Tradución de Ana Crespo.[8] 174 páxs. ISBN 9788412415261.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Quan no tens cor no se’t pot trencar res". Núvol (en catalán). Consultado o 2022-08-11.
- ↑ lecturalia.com. "Núria Bendicho Giró: libros y biografía autora". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2022-08-11.
- ↑ "Núria Bendicho Giró, nominada per al XXII Premi Llibreter de Literatura Catalana". Editorial Anagrama (en catalán). Consultado o 2022-08-11.
- ↑ "Òmnium fa públics els nou finalistes al seu premi a la millor novel·la de l’any". La Vanguardia (en catalán). 2021-11-11. Consultado o 2022-08-11.
- ↑ "Núria Bendicho debuta con un drama rural extremo". La Vanguardia (en castelán). 2021-02-16. Consultado o 2022-08-11.
- ↑ "Núria Bendicho debuta con un drama rural extremo". La Vanguardia (en castelán). 2021-02-16. Consultado o 2022-08-11.
- ↑ 7,0 7,1 Bendicho Giró, Núria (11 de agosto de 2022). "Bestiario". Nós Diario.
- ↑ lecturalia.com. Tierras muertas - Núria Bendicho Giró (en castelán).